Os datos anteriores indican que o noso municipio a pesar de estar “aparentemente” saneado, presenta graves deficiencias de difícil explicación, existindo numerosos vertidos incontrolados que van achicando materias fecais o longo do noso litoral urbano. Isto nos fai dubidar seriamente da eficacia do sistema de saneamento no noso municipio. Se a estes vertidos lle sumamos o feito de que existen zonas urbanas onde as augas pluviais e fecais mestúranse nunha soa tubaria o panorama complícase inda máis.
Parece que existen dificultades á hora de atopar a procedencia destes vertidos que emporcallan o noso litoral, pero o concello debe investigar máis a fondo empregando toda a contundencia que a lei lle permita
Entendemos que chegou o momento de botarlle a man ós planos e empezar clarificar as redes de saneamento e pluviais de Bueu. Tamén debería supervisarse o rendemento real da estación depuradora e das diferentes estacións de bombeo, xa que tamén se rexistraron desbordamentos de lodos e augas fecais nestes puntos.
Pola súas características xeográficas e demográficas, Bueu podería ter un saneamento modélico, pero a situación actual é ven distinta ate o punto de que por causa destes vertidos incontrolados temos praias non aptas para baño, e outras con risco de pasar a selo (Pescadoira, Loureiro, Agrelo*), nun municipio que quere vivir do turismo e da natureza. Sen esquecer os recursos mariños, como o marisqueo a flote, que dependen totalmente da boa calidade das augas mariñas.
(*) Debemos lembrar que tanto Agrelo como a veciña praia de Loureiro, e tamén Pescadoira, calcificáronse o ano pasado tan solo como de categoría 1 (apta para o baño, calidade boa) a diferencia das outra praias do municipio que foron todas, excepto a Banda do Río loxicamente, cualificadas de categoría 2 (apta para o baño, calidade moi boa). Coma comparativa sinalar que tódalas praias de Cangas ou Moaña analizadas o ano pasado resultaron todas de categoría 2.
Este estudo sobre os verquidos fecais no litoral de Bueu foi remitido a nosa Tribuna libre pola plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu ( ANDUXIA ) en Setembro de 2007.
Se queres contactar con eles preme aqui