Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  ANALISIS DO PROXECTO DO PASEO MARÍTIMO DA SEARA ::

INTRODUCCIÓN :

O obxecto deste informe é realizado polo arquitecto Juan Manuel Fernández Rivas é aclarar a desinformación e dos datos que se fixeron públicos hasta a fecha, por parte do Concello de Moaña entorno ó proxecto e concurso de anteproxectos do Paseo Marítimo da Seara.

Ademais quero desmentir os datos aparecidos no Faro de Vigo e no Atlántico Diario o día 22 e 26 de marzo de 2014 respecto a este proxecto, elaborado por a inxenería viguesa Lagares OK, xa que os datos públicados son os do anteproxecto elaborado polo arquitecto Juan Manuel Fernández Rivas e non corresponden ni de cerca co proxecto agora en fase de execución de Lagares OK.

Tamén decir que pareceme triste que durante os anos 2011, 2012 e 2013 adiquei infinidad de tempo e diñeiro a analizar, redibuxar e informar ó pobo, de proxectos engañosos e perxudiciales para Moaña, co obxectivo de paralizar diversasas actuacions, de forma altruista ,sen ter a oportunidade de realizar ningun outro proxecto para mellorar o pobo. Estos proxectos foron o Desdoblamento do vial de Tirán (Diputación 2011), Circunvalación de Moaña (Xunta 2012), Desdoblamento do Corredor do Morrazo (Xunta 2012) e Parque Eólico do Morrazo (Ennel Green Power 2013).


Fotografía aerea do tramo da Seara

PASEO MARÍTIMO DA SEARA. 2011

A iniciativa da actuación parte do arquitecto Juan Manuel Fernández Rivas, que en xuño de 2011, sin cobrar un euro e correndo con todolos gastos, lle presenta ó alcalde José Fervenza un anteproxecto cun orzamento de 420.000€, co obxectivo de que o alcalde poidera conseguir os fondos necesarios para realizar a actuación. A idea consistía nunha actuación emblemática, que pusera en valor o patrimonio histórico do tramo ( as únicas dúas Carpinterías de Ribeira que quedan na parroquia de Moaña), ademais de conectar e darlle continuidade ó carril bici dende a Plaza deAbastos ata a Xunqueira, así como dignificar a desembocadura do Río Pontillón.

Con esta idea e estos obxectivos o alcalde presenta o anteproxecto ó Presidente Feijoo, que acepta financiar a actuación no 2012, a través da Consellería de Infraestructuras e Portos de Galicia ó 50%.O concello encargaríase do proxecto e conseguir os terreos necesarios.

CONCURSO DE ANTEPROXECTOS. 2013

Así en maio de 2013, o Concello de Moaña, plantexa un concurso restrinxido e negociado a tres bandas; invitando ó arquitecto local Juan Manuel Fernández Rivas, e a dúas enxeñerías de Vigo e Coruña. Nas bases do concurso, a valoración das propostas plantexa: a maior puntuación correspondía os honorarios mais baratos , seguida do menor prazo de execución do proxecto e o que menos valor tería seía a proposta arquitectónica. Ademáis, metían no mesmo saco de licitación todolos traballos externos necesarios: proxecto de execución, dirección de obra, medición do plano topográfico, estudio xeotécnico, estudio de seguridade e saúde e coordinación de seguridade e saúde; fixando un tope máximo de licitación de 15.000€ e dous meses de prazo. Apesar de ser unha actuación non rentable para o meu estudio ( o valor real ronda os 25.000€), presento a miña proposta cos topes máximos fixados: 15.000€ e dous meses de prazo. Ainxeñería Lagares Ok, presenta unha oferta de 10.000€ e un mes de prazo e gaña o concurso.

COMPARATIVA CONCURSO ANTEPROXECTOS: LAGARES OK - FERNÁNDEZ RIVAS

Ampliar imagen
Click en la imagen para ampliar

ANALISIS DO PROXECTO DE LAGARES OK

Ampliar imagen
Click en la imagen para ampliar

Ampliar imagen
Click en la imagen para ampliar

PROXECTO DE EXECUCIÓN LAGARES OK

Aidea de Lagares consiste en ocupar a franxa interior do borde terrestre, con6mde ancho, dividido en4mde paseo peonil e 2mde carril bici. Frente o Club de Xubilados é necesario realizar unha pasarela de madeira de 30m de longo. Otrazado ramatase con mobiliario estandar : barandilla continua , banco, farola e papeleira cada 15m. Oaparcamento resolvese en forma de enbudo, sen espacio para xirar; de forma que os coches teñen que sair do fondo marcha atrás. As catro rúas peoniles transversales de conexión con Concepción Arenal, agora en mal estado; ignoranse, nin tan sequera aparecen debuxadas no plano; igual que o Río Pontillón que queda fora da intervención.

Resulta moi chamativo que despois de ofertar 1 mes de prazo, Lagares tarda mais tempo en entregar o proxecto. Tamén é sorprendente que os obxectivos iniciais encaminados a unha actuación emblemática que potencie o turismo e a economía local, polos cales foi concedida a subvención; donde a posta en valor das Carpinterías de Ribeira, a continuidade do carril bici dende a Praza deAbastos e a dignificación do Río Pontillón non só son ignorados no proxecto , senon que o que propoñen é todolo contrario: unha actuación convencional e vacía de contido; irrespetuosa co noso patrimonio, demoliendo parte das históricas edificacions: Carpintería de Casqueiro (6m) e oCarpintería de Casqueiro (6m) e o Asteleiro de Calragho(1.5m), agora ocupada e reactivada pola Asociación de Embarcacións Traicionáis Sueste ; inutilizando estes asteleiros, vestixios da nosa historia e elementos diferenciaies de Moaña que deberíamos protexer e potenciar de cara ó futuro.
Ademais elimina todalas baixadas ó mar que agora existen no tramo, dúas ramplas e dúas escaleiras para facer tan só unha nova baixada ó mar.

Este planteamiento tan pouco riguroso e alonxado da natureza e historia do lugar, é xustificado por Lagares OK para reducir costes da actuación; cousa realmente curiosa, xa que a actuación parte dun orzamento de 420.000 € fixado previamente que permitiría facer moito mais do que eles propoñen.

Esta actuación de Lagares OK pódese realizar con 210.00€, a metade dos fondos concedidos ....qué pasa co resto dos cartos?. O que non se invirta serán cartos aforrados pola Xunta de Galicia e non polo Concello de Moaña.

Debido a este proxecto tan pobre, varios vecinos da zona neganse a ceder as súas propiedades e paralizan a actuación.

CONCLUSIÓNS

  • Non hai ningunha xustificación para continuar con este desatino.
  • A actuación é necesaria, pero sempre que sexa da mellor forma posible.
  • Estamos a tempo de encontrar unha fórmula para retornar a senda correcta.
  • Opobo ten que falar, e dende o pobo hai que esixir que os nosos políticos invirtan en crear riqueza para Moaña, e non en destruir patrimonio, malgastando os cartos, e unha vez máis perdendo oportunidades de xenerar riqueza e enbelecer o pobo.

    Podes atopar máis información neste enlace

    ¿ E ti que pensas disto ?
    Invitámoste a deixar a tua opinión sobre estas propostas no fio aberto no noso foro

    VOLVER A TRIBUNA LIBRE >>

        Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
           Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
    delmorrazo.com © Todos los derechos reservados