O espacio da intervención de aproximadamente 1.500 m de borde marítimo, está situado en Domaio, no interior da cara Norte da Ría de Vigo, unha
dársena natural, orientada o Sur, tranquila e ben abrigada dos temporais de
inverno.
É o borde mariño dun gran val agrícola , atravesado por dous ríos e abrazado
polo monte Faro que o protexe cara o Norte .
Todo isto ó pé da Ponte de Rande, sempre presente nas panorámicas do
paseo.
A intervención vai dende o Porto de Domaio ( Portos de Galicia ) ata o parque
infantil situado fronte a Igrexa de Domaio ; este espacio foi o resultado dun
recheo de sobrantes da construcción da autopista nos anos 80.
O recheo dos anos 80 sepultou as praias do fronte marítimo pero conquistou este fronte para
uso público , co paso dos anos propiciou a aparición de novas praias ,asentamentos de area
propiciados pola nova xeometría da costa .
Domaio e un lugar estratéxico, ben comunicado por mar, terra e aire, tranquilo, preto do aeroporto, a carón de Vigo, con campo de golf, no pé da Ponte de Rande,lugar fértil,
soleado, productivo ... con calado.
Un extenso fronte MARÍTIMO e FLUVIAL, do núcleo urbano de Domaio, con un grandísimo
potencial tanto para uso público como para actividades portuarias compatibles.
PROPOSTA DO ARQUITECTO
Un gran PORTO, PARQUE e PRAIA, donde se mesturan dun xeito natural todas as
actividades do día a día, ligados o mar, aos ríos. Solucións brandas e armónicas;
recuperando o recuperable e reinventando a natureza. Un borde artificial dun xeito natural,
con espacios pensados para a XENTE, os anciáns, para os nenos, para os mozos, para a
xente do mar.

Lugar de paseo, de reunión, espacio para festas, concertos, deporte, ocio ... Con baixadas o
mar e aparcamentos axardinados, verdes cando non se usan .
Unha solución branda, coas circulacións ben dimensionadas, degradando a circulación cara o
mar; vía de servicio, carril bici e sendas peatonais, rematando en certos tramos con paseo de
madeira sobre a escollera.
Concentrando nun EDIFICIO, todos os servicios necesarios: Estación marítima, Clube náutico
, servicios de praia e restaurante.
TRES PRAZAS de pedra ocupan os extremos Este, Oeste e a parte central.
Unha praza no club de xubilados, prolongación exterior de este edificio publico, cara o mar.
Outra central, en formigón branco con xuntas verdes, espacio servidor do Porto Deportivo
, estación marítima e praias centrais.
Un NOVO CENTRO URBANO ...

PRAZA CENTRAL-ESTACION MARITIMA

EMBARCADEIRO – PRAZA OESTE

A terceira PRAZA tanxente a PO-551 , con skate park e parada de bus .
Se desexas máis información sobre este proxecto podes descargar un plano de planta detallado ou poñerte en contacto co Estudio de Arquitectura Miramar .
OLLAR OUTROS ARTIGOS DE OPINIÓN >>