|
Algúns problemas non poden tardar máis en ser resoltos; un deles é o da sinistralidade na Vía Rápida do Morrazo.
Dende O portal do Morrazo facémonos eco da proposta que nos envía MOBILIDADE PARA TODOS. Pensamos que é necesario abrir un debate donde todos nós, os veciños do Morrazo, levemos a voz e nos fagamos oir, porque fora da boa ou mala xestión dos nosos políticos, as consecuencias das súas decisións sufrímolas nos, os cidadáns.
¿ Cal e a túa opinión ó respecto ? Esperamos contar con ela no fío aberto no foro para fomentar o debate e/ou intercambiar ideas o respecto. ¡ Opina e participa !
UN BREVE RESUME
Cos tempos que corren e fieis á filosofía desta páxina, traemos aquí unha proposta moi sinxela e que nos permitiría facer un mellor gasto deses 360 millóns de euros que costaría o desdobramento da Vía Rápida e que son de todos, non o esquezamos. Creemos que é moi imprudente permitir que se carguen novas hipotecas sobre o futuro, xa que esta obra pagaríase en in-cómodos prazos, durante 25 anos.
Estamos tolos?
Antes de aceptar unha hipoteca de futuro con tantos ceros é preciso que se poñan todas as propostas sobre a mesa. En caso contrario un podería pensar que o que pasa é que se queren adxudicar obras, cobrar comisións e facer fotos electoralistas, fieis á tradición.
Podes atopar toda a información sobre esta proposta no sitio web de MOBILIDADE PARA TODOS.

VOLVER A TRIBUNA LIBRE >>
|