|
|
|
PRAIA DE PETÍS
Seriamente ameazada polo proxecto de construcción dunhas instalcións náutico-deportivas na zona de Pescadoira.
“....se podría producir un basculamiento de su forma en planta, afectada por el nuevo contradique y que produce fenómenos locales de reflexión. 6.4 Efectos del puerto”
|
|
Tampouco esta claro no proxecto se o vial de entrada por esta zona o novo porto suporía o recheo parcial desta praia.
Inda que é unha pequena praia non por iso e menos importante. Sendo unha praia moi utilizada polas familias con nenos pequenos deste municipio polo abrigado das súas augas e porque non hai necesidade de desprazarse en coche xa que esta moi preto do centro urbán.
|
 |
|
PRAIA DE PESCADOIRA
Desaparición irreverseble si se leva a cabo o anterior proxecto.
“ “...la playa de Bueu (Pescadoira)no tiene en la actualidad un volumen importante de Arena. 6.4 Efectos del puerto.”
É imposible que exista unha praia viable para o baño dentro dun porto con 430 embarcacións de recreo e o redor de 200 embarcacións pesqueiras.
O deseño prácticamente pechado da nova dársena dará lugar a un fluxo cero das correntes mariñas (tal e como se indica no proxecto), co cal se producirá un efecto “cloaca” en todo interior do porto, acumulándose gran cantidade de residuos derivados das activididades náuticas e pesqueiras (gasoleos,restos de peixe, etc); o cal dificilmente é compatible coa recuperación da praia de Pescadoira (ou de Bueu) para o baño e uso público, xa que esta quedaría “afogada” dentro do novo porto. Ademáis os dragados previstos na mesma fronte da praia (Dragado A-2 no proxecto) faríana desaparecer totalmente a curto prazo por falta de aporte de area.
|
|
PRAIAS DE LOUREIRO, AGRELO E PORTOMAIOR
Ausencia de garantías de danos causado proxecto mencionado.
Tendo en conta a gran lonxitude da nova dársena de atraque (464 m.) e a gran superficie de recheo proxectada 18.000m2, dificilmente se poderá garanti-la ausencia de graves danos medioambientais sobre as cercanas praias de Loureiro, Agrelo e Portomaior, tales como a pérdida ou basculamento total ou parcial da area destas praias ou a chegada ás mesmas de pedras e outros materiais procedentes dos recheos como consecuencia do seu transpote litoral.
Inda que no proxecto inclúese un apartado de estudo da dinámica do litoral e oleaxe, os resultados do mesmo presentan unha escasísima fiabilidade debido a ausencia de datos e medidas suficientes, tal como se recoñece literalmente no propio proxecto:
" Para la determinación del clima marítimo en las proximidades del puerto de Bueu, sería necesario disponer de una boya en la zona de interés, y además, para que los resultados fuesen fiables, resulta necesario disponer de una secuencia de datos que incluyesen un número suficiente de años de medida. Anexo 6: Estudio del Oleaje."
"Debido a la ausencia de series temporales suficientemente largas de datos instrumentales, han adquirido gran importancia las series de datos visuales, recogidas por los barcos al cruzar en sus rutas diferentes zonas previamente seleccionadas, estas observaciones se realizan visualmente, lo que introduce una cierta incertidumbre a la hora de juzgar la validez de las mismas: Apdo 2.1. Oleaje a partir de observaciones visuales."
|
|
|
|
BANCO DA PRAIA DE BELUSO
Pradeiras de xeba (zoostera) onde desovaba o choco e bancos de extracción de ameixa e reló foron soterrados polos 10.000 m2 de recheos do porto deportivo construido na zona no 2001.
BANCO DE PESCADOIRA
Os enormes recheos da superficie mariña que se plantean no proxecto de instalacións náutico-deportivas na zona de Pescadoira, terán graves consecuencias sobre o aproveitamento pesqueiro do litoral bueuense. Este proxecto afectará de cheo a esta zona facendoa irrecuperable para o marisqueo. Non só polos recheos directos dos fondos mariños, senón porque dentro da dársena tamén quedan atrapados 52.000 m2 faenables, e por fóra da mesma os restos dos case 200.000 m3 de materiales que se verterán ó mar para realizar esta obra poden afogar o que quede de banco marisqueiro cara o leste.
Unha das principais consecuencias destes recheos será o soterramento e destrución de recursos mariños como bancos marisqueiros de ameixa, nécora, céntola ,vieira,etc. Aínda que a vieira non se extrae na actualidade, non deixa de ser un recurso mariño potencial aproveitable no futuro; canto máis se temos en conta que en Bueu proxéctase a instalación dunha planta e evisceración e procesamento deste molusco.
|
|  |
Sirva como dato que tan só durante a primeira quincena de xuño contabilizáronse na zona de afectación deste proxecto unha media diaria de 15 embarcacións faenando mediante a arte da “vara”. Cunha media de dous mariñeiros por embarcación.
Os datos de extracción marisqueira do 2005 indican que o banco marisqueiro de pescadoira (IIB) e un dos máis produtivos para o marisqueo a flote. Durante o 2005 extraéronse 4.000 kgs de ameixa rubia, 500 kgs de ameixa babosa, 1.700 kgs de reló e 700 de cornicha. Sendo un dos bancos que mellor soporta unha presión extractiva alta e continuada. Ademáis os kgrs. de ameixa rubia extraida aumentaron nun 130% con respecto o 2004. Para o ano 2006 cerca de 40 embarcacións da confraría de Bueu solicitaron o PERMES (permiso de extracción) para o marisqueo a flote. En cada unha delas traballan entre 2 e 3 mariñeiros.
|
 |
Os recheos son actuacións meidioambientais propias de hai 30 anos. Sendo a tendencia actual a reversión dos mesmos para a recuperación da costa (Moaña).
Ademais dáse o agravante de que estes recheos son totalmente innecesarios; Edificio de servicios (tendas, restaurantes), Aparcamentos, travel-lift.
|
|
O QUE ANDUXIA SOLICITA :: |
|
PRIMERO.-
Que Portos de Galicia conxuntamente con Costas do Estado desenvolva medidas serias de rexeneración das praias danadas polas obras portuarias no municipio de Bueu. Caso das praias de Beluso e Pescadoira.
SEGUNDO.-
Que as obras portuarias futuras non sigan desfacendo as nosas praias nin enterrando os nosos recursos mariños e afeando o noso municipio con explanadas de cemento. Estas deberían realizarse dentro dun marco de desenvolvemento sostible e adecuación paixasística o entorno mariñeiro no que se situan.
TERCERO.-
Que Portos de Galicia sea consecuente coas promesas do actual goberno no que ó litoral se refire. O grupo maioritario do goberno actual na Xunta prometeu no seu programa electoral un plan de racionalización dos portos deportivos e outro de recuperación de praias.Para enmendar os graves erros da anterior administración, a que acusaron de depredación especulativa sobre o litoral.
CUARTO.-
Que Portos de Galicia reflexione sobre o sentir dos veciños e veciñas de Bueu, que en poucos anos ven como están a desaparecer ante os seus ollos praias que levan aquí miles de anos, tan só pola falla de planificación nas obras portuarias. Praias nas que moitos xogamos e medramos, neste recuncho privilexiado das Rías Baixas, e que nada entenden de ambicións políticas ou intereses especulativos.
" ANDUXÍA: no falar mariñeiro, dise cando o mar traballa removendo o fondo, transportando area e outros materiais que forman barras e escalóns de area tanto no fondo do mar como nas praias. Como se o mar “anduvese” sobre o fondo, hai ANDUXÍA "
Este artigo de opinión foi remitido a nosa Tribuna libre pola plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu ( ANDUXIA ) en Febreiro de 2006. Se queres contactar con eles preme aqui
VOLTAR O INICIO DA REPORTAXE >>
LEER OUTROS ARTIGOS DE OPINIÓN >>
|
Añadir a favoritos
Página de inicio
|
Imprimir |
Agregar link |
Edición |
Contacta |
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados
| |