Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  DIAGNÓSTICO DOS DANOS CAUSADOS POLAS OBRAS NO LITORAL DE BUEU ::

  PRAIAS AFECTADAS ::
PRAIA DE PESCADOIRA ( OU DE BUEU )

Gravísima basculación da praia cara u oeste, como consecuencia da alteración da dinámica da praia a raíz da construción, en 1998, da prolongación da dársena de abrigo do porto pesqueiro de Bueu.


PESCADOIRA 1998


PESCADOIRA 2006

Ata o de agora, a pesar de ser unha das praias máis importantes do litoral de Bueu non se realizou o máis mínimo intento de rexeneración deste emblemático areal. Senón máis ben todo o contrario, xa que xurdiron varios proxectos coa fin de rechear esta praia para instalar xardíns e un heliporto.
PRAIA DE BELUSO

E un feito reconocido que esta praia esta sufrindo na actualidade un transporte longitudinal de sedimentos de sur a norte (aumentando o ancho da berma na parte norte) como consecuencia da difracción do polo que forma o morro do dique do actual porto deportivo construido recientemente na zona polo ente público Portos de Galicia (2001).

Membros de ANDUXIA ( Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu ) constataron recentemente este basculamento da praia estimándose nun metro de espesor a pérdida de area na metade sur da mesma, onde ademais están a aparecer gran cantidade de pedras. Area que loxicamente se está a acumular na parte norte da praia e no interior da dársena do porto, causando un progresivo aumento da altura da praia nesta zona. Isto está provocando o soterramento paulatino dos penedos e rochedos naturais deste punto (conocidos como “os carballiños”) e unha diminución progresiva do calado da dársena interior do porto.


BELUSO 1998

BELUSO 2006
No seu día (1998) o proxecto encargado por Portos de Galicia calificou o efecto deste porto sobre a praia como compatible-moderado, chegando incluso a dicir que o efecto sobre a Praia de Beluso, de producirse, sería en todo caso beneficioso.

“con este estudio podemos concluir pues, que la obra va a tener unos efectos sobre la dinámica del litoral de pequeña intensidad y de caracter en todo caso positivo.”
Incidencia en el entorno de las obras de ampliación de las instalaciones portuarias de Beluso. Octubre 1998.Pág. 23.

Sin embargo Costas do Estado paralizou o proxecto por consideralo unha barbaridade para a praia. Pasaron os anos e cambiaron os cargos, o que antes era unha barbaridade, agora podiase facer e as obras comenzaron no 2001. O dia da inaguración, o anterior conselleiro de politica territoral mentras descubría unha placa conmerativa co seu nome, dixo publicamente que calquera pequeno dano que sufrira a praia Portos de Galicia o subsanaría.

PRAIAS AMENAZADAS >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados