Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
Alimentacion
Asociaciones
Automovil
Belleza y moda
Construcción
Decoración
Deporte
Educación y Cultura
Mar y pesca
Náutica
Ocio
Profesionales
Salud
Servicios
Turismo
Varios


  O BONO PEAXE, SISTEMA ÚNICO INNOVADOR E ... ¿ DESCOÑECIDO ?
O 11 de xaneiro de 2002 publicouse o decreto polo que se subvenciona a peaxe ós usuarios da A-9 na ponte de Rande residentes na provincia de Pontevedra. A partir dese momento traballouse para a posta en marcha o máis axiña posible, do sistema de subvención mediante unha tarxeta. A non existencia de antecedentes e o feito de ser un sistema innovador, fixo que xurdiran diversos problemas para a efectiva posta en marcha. Non obstante e cumprindo as datas comprometidas, en maio se enviaron as primeiras tarxetas ós particulares. O primeiro envío foi dunhas 200 tarxetas, actualmente son máis de 10.000 os usuarios dos bonos peaje, deles 5.750 son usuarios do Morrazo.
Ainda hai moitos usuarios que descoñecen o bono peaxe ...



  ¡FAGAMOS ALGO !!!
Ningún usuario da Ponte de Rande debe pagar unha peaxe inxusta de 0,75 € cada vez que pasa por ela. Xa está recoñecida esta inxustiza pola Xunta de Galicia e, por esta razón, está en vigor unha medida chamada BONO-PEAXE que todos e todas debemos solicitar no noso concello se residimos na provincia de Pontevedra.

Axuda á difusión do bono peaxe, colocando na túa web o banner que tes abaixo, facendo unha ligazón a a esta reportaxe mediante o acceso directo:
http://www.delmorrazo.com/tribuna/nonpeaxe.html

Solicita el bono Peaxe


   ¿ COMO FACELO ? ::
E sinxelo, poderán ser beneficiarios destas axudas os particulares que reúnan os seguintes requisitos:

- Estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
- Ser titular dun vehículo polo que se pague o imposto sobre vehículos de tracción mecánica nos mencionados concellos, entendéndose por titular dun vehículo ademais dos propietarios, os usuarios deses vehículos que teñan unha autorización de uso do propietario.
- Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coas administracións públicas.

Expedirase unha soa tarxeta ou incluirase un dispositivo de peaxe dinámica por vehículo e os solicitantes das axudas deberán ter unha conta soporte de tarxeta ou do dispositivo de peaxe dinámico na que deberán facerse os cargos e aboamentos.

As solicitudes poderán presentarse durante todo o ano. As solicitudes e renovacións presentadas entre o 1 de setembro e o 31 de decembro terán efectividade durante os dous anos naturais seguintes ó ano da presentación. As solicitudes e renovacións presentadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto serán efectivas o que reste do ano e o ano natural seguinte.

Nos casos de renovación da axuda, e con obxecto de que o dereito a percibi-la subvención da tarxeta ou OBE se manteña ininterrumpidamente, a solicitude de renovación deberá presentarse entre o 1 de setembro e o 1 de decembro do último ano para os que foi concedida subvención. O dereito a percibi-la subvención nace unha vez realizada a viaxe entre Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo sendo necesario o uso da tarxeta.


  REQUISITOS / DOCUMENTACIÓN NECESARIA ::
Solicitude normalizada.

Descarga a túa solicitude en galego >>
Descarga tu solicitud en castellano >>

Fotocopia do D.N.I.

Fotocopia do documento expedido pola entidade bancaria ou caixa de aforros onde figuren os datos referentes á conta soporte da tarxeta.

Declaración de non concurrencia con outras axudas ou subvencións para o mesmo fin. ( Incluida nos documentos a descargar )

Certificado de empadroamento en calquera dos concellos.

Copia cotexada do recibo ou certificado xustificante do pagamento do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica do último período impositivo.

No caso de que o solicitante non sexa o propietario do venículo, deberá aportar ademáis :

* Copia cotexada do permiso de circulación do vehículo
* Autorización do propietario do vehículo ó solicitante da tarxeta para o uso do vehículo. ( Incluida nos documentos a descargar )
* Renuncia expresa do propietario do vehículo a solicita-la axuda como usuario da A-9 para dito vehículo.( Incluida nos documentos a descargar )

Máis informacion na web da plataforma RANDE UNE

¿ Tes algunha dúbida ? podes plantexala no noso foro

Volver a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir esta web
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados