A partir das 19 horas, levarase a cabo un obradoiro de reciclaxe no parque do Concello de Bueu, onde os cativos realizarán as súas propias creacións a partir de envases reutilizados, como ‘bricks’ do leite ou os tubos de cartón do papel hixiénico. Ás 21 horas, proxectarase no Centro Social do Mar o documental de Al Gore ‘Una verdad incómoda’, que pretende concienciar á cidadanía sobre as consecuencias do cambio climático.
MARTES 7 DE AGOSTO
A Semana Cultural do Trasno continuará o martes 7 coa actuación do mago Tachán, que volverá deixar abraiados a nenos e maiores cos seus trucos ás 19 horas no chiringo de Álvaro, situado na praia de Lagos (Beluso). Xa pola noite, a partir das nove, membros da agrupación Amigos de Johan Carballeira impartirán unha charla sobre a recuperación da memoria histórica, na Casa do Pobo de Beluso.
MERCORES 8 DE AGOSTO
o mago Tachán ofrecerá un novo espectáculo ás sete da tarde, esta vez no chiringo de Pichu, na praia de Area de Bon. Ás 21 horas desenvolverase na Casa do Pobo de Beluso unha sesión de astronomía organizada xunto á asociación Sirio e, despois da charla, os asistentes dirixiranse a Cabo Udra para participar nunha observación nocturna dos astros, cos telescopios facilitados polo colectivo.
XOVES 9 DE AGOSTO
As actividades previas a A Noite do Trasno rematan o xoves día 9 cunha sesión sobre comercio xusto, en colaboración coa ONG Amarante, na que se proxectará o filme ‘China Blue’. Terá lugar na cafetería O Couto (Beluso), á partir das 21 horas.
VENRES 10 DE AGOSTO
O venres 10 de agosto arrincará cunha ruta de sendeirismo por Cabo Udra, con saída ás 10.30 horas dende Chan de Esqueiros, co fin de dar a coñecer a riqueza natural deste espazo único protexido por figuras europeas como a Rede Natura 2000. Xa pola tarde, impartiranse obradoiros de baile tradicional
SABADO 11 DE AGOSTO
Celebrarase unha sesión vermú a partir das once da mañá, na que se servirán mexillóns, e actuará o grupo de música galega Ludovaina. Organizaranse tamén xogos populares e, á tardiña, distintas modalidades de obradoiros.
DOMINGO 12 DE AGOSTO
Para o domingo, e xa finalizada esta edición do festival, a Asociación Mozas e Mozos de Beluso preparou aínda un obradoiro máis, o de limpeza do contorno, co obxectivo de que os asistentes ó festival se decaten da importancia de non tirar o lixo polo chan.
Delmorrazo.com - Agosto 2007