Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  NAUFRAXIO DO CENTOLEIRA ::

Fotografía do barco Centoleira

5 de Xaneiro de 1964, véspera de Reis, o peor regalo para un neno. O "Centoleira" disponse a saír faenar cando, a 200 metros da bahía de Bouzas, foi embestido no costado de estribor polo bou "Puente de San Andrés". A colisión abríu unha vía dun metro que provocou o afundimento inmediato do barco.


Fotografía de José Fernández Patron do Centoleira

A consternación en Moaña non ten adxetivos. Outra vez a fama da historia negra. Esta vez é Tirán a parroquia máis afectada, pero en realidade toda Moaña paralizou a actividade. Choros e berros desgarradores...

A tripulación estaba composta por vinte e dous homes, dos cales morreron dezasete. Os cinco salvados foron auxiliados por barcos que se atopaban na zona. Os buzos rescatarían de principio a tres cadaveres. Cando reflotaron o barco localizaron no interior o corpo de nove homes máis.

O día oito, a embarcación "José y Luís" do Con, localiza un cadaver. Dous días máis tarde, o mesmo barco recupera outro náufrago.


Familia de Gabriel Paredes Naufrago do Centoleira

Volven as axudas, volven os socorros mutuos. Volven os orfanatos coa acollida de fillos. Volven as condolencias das autoridades e eminencias. Volta Quiroga Palacios, esta vez á nova igrexia do Carmen para celebrar os funerais de:


Viudas dos naufraxos do Centoleira

José Nogueira Collazo, patrón.
Leonardo González Durán, mecánico.
Julio Collazo Gil.
Salvador Costa Juncal.
Ángel Antonio Fernández Martínez.
José Fernández Vilariño.
José Gil Vidal.
Daniel Iglesias Chapela.
José Iglesias Malvido.
Manuel Carlos Lorenzo Alonso.
Eliseo Molanes Germade.
Gabriel Paredes Martínez.
Antonio Pena Pastoriza.
Balbino Rivas Durán.
Manuel Paredes Barreiro.
Francisco Ríos Del Río.
Manuel Ríos Del Río.

Créditos:

Fotografías del archivo Pacheco en un trabajo de recopilación llevado a cabo por la Agrupación Cultural Nós para el libro Moaña historia fotográfica.

VOLVER A TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados