|
PROGRAMA DA XXIII MOSTRA DE TEATRO DE
CANGAS
do 3 ao 9 de xullo de 2006
Luns 3
17:00 Alameda vella
Infantil
Viravolta - Os quinquilláns (Galiza): "O trebón"
Espectáculo infantil de rúa que inclúe obradoiros e participación dos propios rapaces como actores. O espectáculo dura arredor de 3 horas, os obradoiros 2 ou 3 horas. Títeres, zancos, malabares, paiasos, actores, e moita participación do espectador. Este espectáculo consta de dúas partes diferenciadas, a primeira son os obradoiros nos que os rapaces construen con materiais sinxelos os elementos de vestiario, atrezzo e escenografía que van usar na segunda parte. Estes obradoiros poden realizarse o mesmo día do espectáculo, ou ben o día anterior.
21:00 Praza das Pontes
Infantil
Os quinquilláns (Galiza): "Moby Dick"
O capitán Ahab parte coa súa tripulación. Esperan volver ricos coa caza de baleas, pero ningún sospeita que o único obxectivo de Ahab é matar á gran Moby Dick, que lle arrincou unha perna noutra ocasión. No profundo mar hai outros seres que artellan cousas: Serea... Cabaliño de mar... Caranguexo...
22:30 Auditorio Municipal
Pregón inaugural a cargo de PEDRO PABLO RIOBÓ, PREMIO "XIRIA" AO LABOR TEATRAL 2005
23:00 Auditorio Municipal
TEATRO DE RESIDUOS CHICHE VIEJO (URUGUAI): "LA ATLANTIDA Y EL DORADO"
"No ano 2.056 foron encontrados no leito seco do Río da Plata, os manuscritos de Juan Carlos Otatti. Teñen grande interese, xa que permiten recuperar para o estudo costumes do Uruguay, país borrado da face da terra". Otatti, escritor torpe, utiliza recursos, como copiar anuncios de xornais ou citar lecturas
ESTREA EN ESPAÑA
Martes 4
21:00 Praza das Pontes
OS COLOMBAÍÑOS (GALIZA): "OS COLOMBAÍÑOS"
O señor Retrinco, diante da crise económica que atravesa o seu circo, decide pechalo. Entón os pallasos do circo, "Os Colombaíños", deciden axudarlle e sacar adiante a que quizais sexa a derradeira función do vello circo. Música en directo, acrobacias, zancos, malabares... Clown.
23:00 Auditorio Municipal
"EL DÍA MÁS FELÍZ DE NUESTRA VIDA"
Amelia, Marijose e Conchi son trillizas. Na véspera da primeira comunión, esperan o día feliz, na España dos 60. A relixión, con castigos e condenas, pesa sobre elas. Véspera da súa voda á espera doutro día felíz. Outra España. Enriba das tres o peso da liberdade que todo o condena e todo o castiga...
ESTREA EN GALICIA
Mércores 5
21:00 Auditorio Municipal
INFANTIL
TEATRO GORAKADA (EUSKADI): "ROBIN Y HOOD"
Robin, campesiño que sofre coma todos as inxustizas ás que os someten os normandos, inventa e escribe "as aventuras de Robin Hood". O pobo deléitase co heroe que lles rouba aos ricos e lles axuda aos pobres, pero din que existe de verdade. O rei manda capturalo. Robin agóchase no bosque de Sherwood...
Xoves 6
13:00 Nas rúas
Cía MAR GÓMEZ (VALENCIA): "MORIR NO CORRE PRISA"
O destino de dous personaxes desesperados, entrecrúzase de súpeto. O perigo da morte axexa ao que a procura. A decadencia golpea a quen pensa que a ten lonxe. Este encontro desemboca en situacións cómicas entre os dous personaxes. Morrer non ten presa, sempre é mellor deixalo para máis tarde.
21:00 Nas rúas
Cía MAR GÓMEZ (VALENCIA): "HELADO AL VINO" Dous personaxes: un rico que representa a opulencia e a elegancia da clase alta. Outro, unha mendiga esfameada e farrapallenta. Coínciden nun mesmo espazo e crean un conflicto que desemboca nunha comedia disparatada onde non todo o que reloce é ouro....
23:00 Auditorio Municipal
LEO BASSI (ITALIA):" A REVELACIÓN" ..... No nome da razón .....
Segundo o Instituto Gallup, o 72% dos adultos afirma que a Biblia nos ensina a orixe do universo e o 45% pensa que Deus creou ó home hai 10.000 anos. Estes datos permítennos entender por que un dos grandes acontecementos que se están a debater nos tribunais de EEUU é saber se Darwin e a evolución, deben ser ensinados nas escolas.
A sociedade europea ten vivido sen facer caso destas aberracións, pero a situación cambia e os síntomas empézanse a notar aquí tamén.
Por iso Leo Bassi decide levar a guerra ao campo do inimigo.
Venres 7
23:00 Xardins do señal
CIRCOLANDO (PORTUGAL): " CHARANGA" "Circolando" parte das terras esquecidas, das minas abandonadas, á procura de vidas que perduran nas historias e nos soños das súas xentes. Homes - toupeira. Coros que choran os segredos e milagres da terra. Cánticos que exaltan a ledicia da luz. O público séntese engaiolado por este espectáculo poético e visual
23:00 Auditorio Municipal
"FAMILIE FLÖZ" (ALEMAÑA): "TEATRO DELUSIO"
Teatro Delusio é opulencia, dramas, combates, intrigas criminais, arias desgarradoras, trunfos incomparables noite tras noite.
Ao fondo, casi ás escuras, os técnicos levan unha existencia sen lustre pero... ¿sen ilusión....?
25:00 Discoteca Moulin Rouge
SAN&SAN ( GALICIA): "CONCERTO BIFIDO"
Concerto bífido é un espectáculo cómico a base de sketches sobre o mundo da música clásica que respeita os pentagramas do humor xestual, o clown e a fantasía do teatro do absurdo. San&san teñen a importante tarefa de presentar ante o público a prestixiosa orquestra sin-fónica de Fritzburgo nun grandioso concerto dirixido polo mítico compositor herbert von hussen.pero todo comeza a sair mal cando se decatan de que debido a un erro organizativo,a tal orquestra e o tal director nunca virán, e o público comeza a impacientarse. A partires daquí, san&san terán que salvar a situación como sexa , valéndose do seu inxenio ou torpeza , para levar adiante o peculiar concerto segundo o programa oficial esitpulado.
Sábado 8
21:00 Xardíns do Señal
Infantil
CACHIRULO (GALIZA): "CAMIÑO DE AVENTURAS"
Xan Laranxal e a macaquiña Kiku presentan esta grande aventura que comezou hai cincocentos anos, máis ou menos, cando, nun lugar do camiño, Gaiteros se atopou co Demo, que o desafiou ao xogo da Oca. Tivo sorte cos dados o peregrino e gañou a partida ao do inferno, quen andivo por todo o Camiño facendo despropósitos e maleficios para detelo.
22:00 Auditorio Municipal 22:00
María Marticorena
PERFORMANCE:"Dejarme las uñas "
23:00 Auditorio Municipal
SAPRISTI (GALIZA):"SO SOBRE"
Fe e Esperanza son dúas mulleres con sorte. Gañan o sustento malvendendo as horas para unha empresa que limpa nas comunidades de veciños. Os cartos vanse. Fe solicita traballo nunha liña erótica, Espe bótalles aos clientes pláticas moralizantes. As dúas teñen éxito. Os ingresos comenzan a subir pero...
25:00 Xardíns do Señal ás 25:00h
CIRCOLANDO (PORTUGAL): "CHARANGA"
"Circolando" parte das terras esquecidas, das minas abandonadas, á procura de vidas que perduran nas historias e nos soños das súas xentes. Homes - toupeira. Coros que choran os segredos e milagres da terra. Cánticos que exaltan a ledicia da luz. O público séntese engaiolado por este espectáculo poético e visual.
Domingo 9
21:00 Xardíns do Señal
Infantil
TRÉCOLA (GALIZA): A Rúa dos contos nº 8
23:00 Auditorio municipal 23:00
FACTORÍA IMPROV (MADRID)
Catro cómicos profesionais procedentes de " El club de la Comedia e Paramount Comedy" transformarán as suxerencias do público nun espectáculo de humor, participación e improvisación para todos os públicos. Un espectáculo freso, dimánico, novedoso e por suposto irrepetible. ¡Non deixes que cho conten!
|