|
|
|
Meteo As Barxas, ollando o ceo de Moaña :: |
|
|
Un grupo de profesores e alumnos do IES As Barxas adica cada día un anaco do seu tempo a ollar o ceo de Moaña e tomar datos meteorolóxicos mediante unha estación meteorolóxica situada no propio instituto.
Dende o ano 1996 veñen recollendo diariamente todo o que acontece meteorolóxicamente en Moaña.
O seu obxectivo e fundamentalmente didáctico xa que o obradoiro
forma parte das clases de Ciencias da Natureza, Fisica e Química, Tecnoloxía e Ciencias Sociais, que se imparten no instituto.
|
|
Estación Meteorolóxica ó alcance dos rapaces:: |
|
 |
O observatorio dispón de varias casetas e dunha estación automática. Nas casetas, os cativos de 1º e 2º da ESO recollen os datos de modo manual.
Pra facelo teñen o seu alcance instrumentos como Catavento, Higrómetro, Barómetro aneroide, Termómetro de máximas e mínimas e Pluviómetro.
Os alumnos mais avanzados nesta labor teñen a sua disposición instrumentos máis precisos e actuales: Pluviómetro Hellmann, Psicrómetro, Termómetro, Barómetro de mercurio e Termómetros de máximas e mínimas. |
|
A web recolle datos de medicións actuais, datos mensuais e datos históricos asi coma os máximos e mínimos recollidos en canto a temperatura, humidade,punto de rocío e sensación térmica. O obradoiro está encadrado dentro do proxecto meteoclimatic, o cal pretende crear unha rede nacional de estacións automáticas, ofrecendo información real dos parámetros meteorolóxicos en diversas poblacións de toda a xeografía nacional.
O IES As Barxas foi o primer centro galego en tomar parte neste proxecto. A pretensión do mesmo é a creación da comunidade meteo non profesional máis grande.
|
|
Prediccións meorolóxicas a sete dias vista:: |
|
O sitio web mostra a imaxe do satélite e as prediccións meteorolóxicas para Moaña a sete días vista, mediante un enlace o INME (Instituto Nacional de Meteoroloxía). Dispón ademáis de un concurso - galería de fotos, de fenómenos meteorológicos, algunhas delas realmente espectaculares.
Visita o sitio web da meteo As Barxas.
|
 |
Volver a TRIBUNA LIBRE >>
|