Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  MANUEL PAZ TRELLES, A MEMORIA VIVA DA HISTORIA DA ILLA DE S.SIMON
 

Paradoxos da vida fixeron que o noso veciño Manuel Paz Trelles, nacera no ano que pasaría a historia como, o ano da fame ( 1941 ), na parroquia de San Martiño de Moaña . Como a maioría dos rapaces da época xoga polos camiños, axuda na casa e acude a escola de D. Pedro, no barrio de O Casal . Xusto cando ía deixar a escola para poñerse a traballar de aprendiz de carpinteiro, a súa vida e a de toda a súa familia da un tombo que para un rapaz e moi difícil de asimilar, ou quizais non o asimila nunca . O seu pai que andaba o mar en unha” pareja” de Bouzas, morre afogado polo investimento de outro barco, un garda costas de Portugal . Este tráxico acontecemento aconteceu cando Manuel contaba 10 anos, en 1951 . A súa nai quedaba viúva con cinco fillos, e sen saber si era merecedora de este castigo .


Manuel Paz Trelles en la actualidad

O mesmo tempo que aconteceu este tráxico suceso, o goberno do dictador Franco, estaba a darlle un novo uso a Illa de San Simón, despois de ser primeiro lazareto e tras o Golpe de Estado, pasou a ser cárcere, onde se levou a cabo infinidade de atrocidades, pois agora dábanlle a volta a todo aquelo e creaban na illa un Colexio Fogar Méndez Núñez, destinado para atender a orfos dos traballadores do mar e xente necesitada . O colexio da Illa de San Simón, comezou a traballar con 17 rapaces, chegando co paso do tempo os 80, que viñan de colexios de pobres, pero os mais eran orfos do mar .


Rapaces da Escola de S.Simón no ano 1955

En 1955 Manuel conta con 14 anos e entra cos primeiros rapaces en San Simón, os seus irmáns mais pequenos os levaron para o colexio de Panxon . En San Simón, aparte de estudiar aprenden un oficio, ou iso intentaban, pero como el recorda, aquelo de potenciar os talleres non ía para diante, e unha vez comprobaron que non daban resultado, os rapaces de mais anos, nos que el tamén estaba no medio, lles buscan traballo fora, marchan pola maña en barco para Cesantes e os levaban a traballar a fabrica de camisas de Regojo . Manuel foi para o taller mecánico . Comían en Redondela e ata a noite volvían para a illa . Por aquel traballo de toda a semana lles pagaban 200pts, que os mozos lles viñan moi ben.


  O GARDIAN DA ILLA DE S.SIMON DEULLE A NOVA DO NAUFRAXIO DO AVE DO MAR ::

Manuel e outro compañeiro en Redondela

Mentres traballaron en Redondela, comezaron a practicar o fútbol el e mais dos amigos de Cangas, chegaron a xogar no Choco de titulares .

Cando daban vacacións no verán e polo Nadal, viña a casa de San Martiño . En aqueles anos botou de menos a nai, o pai, os irmáns e tamén os amigos de sempre .

Lembra cando un gardián da Illa lle deu a noticia do naufraxio do barco Ave del mar, aquelo encheuno de pena e tardou varios días en coller o animo habitual .

Tampouco esqueceu aquel día que visitaron a Illa de San Simón varios mandos do goberno do estado, entre eles o ministro Solis Ruiz, que viñeron inaugurar o cruceiro que esta no lugar do Curbeiro, o sur da illa, en memoria daqueles novos falanxistas que morreran afogados.

Fora en 1950 e morreran 43 mozos .

Afundiran na lancha Monchita, a cal párese ser que levaba mais persoas das que pudia, ían xogar un partido de fútbol contra o Choco, foron moi poucos os que viviron . Este día con a visita oficial para levar acabo os actos, os rapaces da escola da illa, comeron extraordinario e incluso estrearon roupa nova, para que todos estiveran presentables, segundo recorda Manuel .

Todos os domingos viña o cura de Cesantes a facer misa e incluso algunha vez el mesmo fixera de monaguillo e o propio cura lle ensinou a dicir catro cousas en latín, para axudalo na misa . Manuel estivo en San Simón ata que o chamaron para ir o servicio militar, que entón era obrigatorio . A escola da illa seguiu funcionando ata 1963, xa sen ningún taller . Xa estando na mariña, foi os tres meses de instrucción para Cádiz e despois xunto con outro veciño da parroquia, piden ir voluntarios para o Juan Sebastián El Cano . O día que chegou o barco, el ía coa idea de presentarse para engraxador, para estar nas maquinas, pero facía falla un axudante para o cura e entón el díxolle que axudara a un cura no colexio unhas cantas veces, o cura fíxolle algunhas preguntas en latín, e Manuel respondeu como sabia, así foi como quedou de reposteiro do cura do Cano . En aquel destino estaba do mellor, rebaixado de gardas e outros beneficios como saír sen horario, cumpre todo o tempo de mariña facendo dos viaxes a América e como el recoñece pasouno moi ben eses dous anos .


Manuel Paz e un compañeiro na etapa do Cano no ano 1962

Cando remata a mariña, estaba en pleno auxe a emigración a Europa, Holanda , Alemaña ... El decide quedar a traballar en Ascon, quizais xa estaba canso de estar fora do seu pobo, pero cando levaba cinco anos no Latón, comeza a facer unhas reformas na casa e necesita mais cartos, entón fai a maleta e marcha para Holanda . Alí traballa en un barco de pasaxe que ten a ruta de Holanda a Nova York e Os Anxeles, iso provocou que a primeira vez que subiu en un avión foi desde Os Anxeles ata Roterdam . Pasaran dez meses desde que se fora e aproveitando que estaba de vacacións e tiña apiques de caducarlle a excedencia en Ascón, queda de novo en Moaña e sigue a traballar en Ascón ata que cerrou definitivamente . Entón como a moitos traballadores lle deron a oportunidade de cobrar os cartos do despido ou probar en unha empresa de Cataluña e el ala foi para unha fabrica de Barcelona na que estivo catro anos e tamén levou para alá o seu xenro, que terminaría por facer vida en Cataluña .

Manolo deixou a empresa por que fora comprada por unha firma Alemana, e o ter 50 anos xa os pasaban o paro . Pero aqueles alemáns se portaron moi ben con el pois sabían que el non cobrara os cartos que lle correspondía de Ascón e agora quedaba no paro . Entón o indemnizaron con a mesma cantidade de diñeiro que non cobrara no Latón . despois viñeron uns anos que compartiu con estar no paro, con traballos de tres e catro meses, a axuda familiar e a si pasou o tempo ata o día da xubilación . Manuel volve a San Simón no 2004 e dicir 45 anos despois de deixar a illa, foi convidado para ver de novo San Simón, como estaba despois de ser reformados os edificios e o entorno . Atopou todo cambiado a como era cando el estivera alí, quedou impresionado pola escultura dos trobadores da Ría de Vigo . Foron moitas as imaxes que pasaron pola súa cabeza, moitos recordos que quedaron na súa cabeza naquela visita a San Simón . O 20 de agosto de 2011, Manuel recibe unha chamada de telefono na súa casa de Tirán, de un veciño de Redondela que tamén fora alumno naquela escola, coa intención de facer un reencontro dos vellos alumnos de San Simón na proia illa .

Organizaron todo e ala foron un fin de semana os alumnos e as esposas, estiveron o sábado, comeron cearon e durmiron na illa e o domingo pola maña volveron para a casa . Conta Manolo que aquelo foi un encontro moi emotivo e cheo de sentimento e vivencias, a propia vida daqueles rapaces que hoxe son pais e avós . Algúns dos alumnos xa foron quedando polo camiño en estes 52 anos, como el recorda, por que a vida e unha maquina que non se deten, uns marchan e veñen outros . Certo e que como a experiencia lles gustou, na mente de estes homes esta a idea de volver de novo a illa de San Simón e pasar un día xuntos contando as cousas da vida, vivencias de uns amigos que manteñen unha forte amizade desde fai moitos anos .

Manolo Paz Trelles e un bo afeccionado o fútbol, practicouno e agora gusta de velo, pero tamén ten outra faceta moi interesante, gusta de recompilar todas as noticias que saen na prensa sobre Moaña, e que el considera dignas de gardar, xunta todo en carpetas con moito coidado e coma o seu arquivo persoal . Tamén ten fotos e postais de lugares por onde el estivo e doutras partes do mundo con anotacións feitas por el que son importantes, xa que nas anotacións ten lugares, detalles ou eventos que se levaron acabo en lugares que el visitou . Moitas anotacións fixo nos seus viaxes a América e polo mundo adiante e cando conta algo, xorden un sen fin de detalles .

Así foi a conversa con Sr. Manuel Trelles, veciño de Tirán, memoria viva dos anos en que San Simón foi colexio de orfos do mar e dos pobres, que como diría o outro, de todo houbo na viña do señor . Agradecerlle a súa amabilidade por compartir con nos estas vivencias que foi acumulando o longo da súa vida e que hoxe comparte con todos nos .

Autor do texto: Luis Chapela Bermúdez
Publicado en Agosto de 2013

Voltar a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados