Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

 JOSE PAZÓ, EL ORGULLO DE SER MOAÑES DEL DUEÑO DE LA HISTÓRICA CASA PAZÓ  

Poucos somos os que coñecemos a historia del Moañés José Pazó Rodríguez (naceu no 1897, en Quintela e morreu no 1960 en Madrid), fillo dos primeiros donos da histórica Casa Pazó en Moaña, a cal non era tal e como a coñecemos hoxe.
Este home chegou a ser un dos homes de negocios máis influintes de España nos anos corenta e cincuenta. Cando o país vivía nunha posguerra moi dura e Pazó foi conselleiro de varias das principais empresas, influencia que utilizou para empregar a ducias de moañeses nunha época na que a economía local vivía case exclusivamente da pesca e do campo, ata o auxe da emigración.

Pazó naceu nunha familia acomodada, a súa nai era unha coñecida carniceira á que se atribúe a sona que adquiriu a carne, máis concretamente a costeleta de Moaña. Tamén tiñan moito terreo e unha boa colleita de viño. De aí que Pazó puido estudar en Madrid, Dereito Mercantil e comezou a traballar como inspector de facenda en Barcelona, onde o sorprendeu a guerra incivil. Con medo a sufrir represalias marchou a vivir para Madrid, onde pasaría o resto da súa vida, agás as escapadas á súa casa de Moaña todos os veráns e cada vez que o traballo llo permitía, pois este veciño, nunca renegou de onde viña, todo o contrario.

Naqueles anos conseguiu establecer unha importante rede de contactos e o seu espírito emprendedor fíxolle mercar accións que o levaron a estar  en postos de mando de empresas como Campsa, o banco Exterior de España, Dugona SL, a coñecida marca de refrescos Pepsi Cola, o banco Mercantil Industrial, ou a Casa Mar de Vigo. Tamén tiña o maior porcentaxe do capital da sede Ford en Barcelona. Por outra banda, aparte do servizo da casa e xornaleiros, nestes anos comezou a empregar a moitos veciños maioritariamente en Campsa.

Pero seguramente nestes anos onde máis influíu na vida dos moañeses, foi cando investiu na Compañía Transatlántica española, empresa de transporte marítimo de grandes buques. Pazó converteuse en conselleiro delegado na empresa a comezos dos anos 50 e foi quen de levantar unha navieira que estaba pasando por uns momentos moi delicados. Aproveitando o seu posto buscou traballo para moitos veciños de Moaña que estaban pasando moitas necesidades na pesca de baixura e nos oficios baixos.

.


El matrimonio Pazó en un bautizo

Irene Rodríguez, familiar de Pazó por parte do seu pai e que traballou para el durante os últimos once anos da súa vida, na casa que tiña el en Madrid, vai máis alá e sinala que case non hai unha familia neste concello que non tivese a algún membro empregado na Transatlántica. Estes ingresos, completados con actividades en terra, proporcionaron que moitos moañeses puidesen construír novas vivendas e que o pobo comezase a crecer. A través del atoparon traballo tantas persoas que os veciños de Moaña eran maioría nas tripulacións dos buques “Montserrat e Begoña”. Así se entende que na primeira viaxe do Montserrat unha  terceira parte da tripulación de 200 persoas, eran veciños del. Colocou a xente máis cercana e despois a outros moañeses, e cada vez que había algunhas vacantes chamaba e se formaban grandes colas de aspirantes na entrada da casa de Pazó, incluso viña xente desde Cangas. Cando eu era un cativo, recordo que do barrio de Berducedo, no Begoña e Montserrat andanban embarcados unha ducia de veciños, e dada a importancia que tiveron este barcos no noso pobo, cómpre facer unha pequena lembranza sobre eles.

Estes dous transatlánticos foron mercados para substituír a outros dous, concretamente o Magallanes e o Marqués de Comillas. O Begoña, era da clase Victory, foi construído en Baltimore para a armada norteamericana en 1945, e foi utilizado como cargueiro.
Tiña un rexistro bruto de 7.604 toneladas, 138 metros de eslora, 18 de manga e unha máquina cunha potencia de 8.500 cabalos, cunha velocidade de 15 nós.

Saíu do estaleiro con o nome de VASSAR VICTORY, e xa rematada a Guerra Mundial, foi adquirido en 1947 pola compañía italiana Sitmar, que o reconverteu, en Trieste, nun barco mixto de pasaxe e carga, co nome de CASTEL BIANCO, quedando cunha capacidade para 480 pasaxeiros en clase única, que se agrandaría ata 1200 a comezos dos anos cincuenta debido ao incremento da emigración. Foi entón cando comezou a tocar os portos galegos, servindo de liña con Centro América. En 1957, foi mercado pola Compañía Transatlántica Española, que lle puxo o nome de Begoña, efectuando en 1962, varias reformas no mesmo. O buque tocaba a Coruña e Vigo, tanto ao subir como ao baixar. A ruta comezaba en Southampton, e trala escala en Galicia, recalaba en Santa Cruz de Tenerife, despois cruzaba o Atlántico ata Port of Spain (Trinidad), A Guaira (Venezuela), Cartagena de Indias (Colombia), Kingston, (Jamaica ), Curaçao (Antillas Holandesas) e volta a comezar a ruta de subida.

 

O Begoña tiña capacidade para 830 pasaxeiros, sistema de aire acondicionado, salas de estar e de lectura, bares, cines e piscina. A partires da segunda metade da década dos sesenta comeza a ter avarías. A máis notable delas foi en outubro de 1974, ao mando do capitán José Luís Tomé dirixíanse desde Tenerife ata o Caribe, sufrindo unha avaría en alta mar e tiveron que pedir axuda a un remolcador de altura, o Oceanic, que o levou ao porto de Bridgetown (Barbados). O Begoña, ferido de morte chegou en decembro dese ano a Castellón  e alí foi desfeito para chatarra.


            O Montserrat, case que xemelgo do Begoña, tiña algunhas variantes na estrutura, cunha cuberta menos. Foi construído en 1945, tamén en Baltimore, como buque de carga para a armada dos Estados Unidos, saíu do estaleiro con o nome de WOOSTER VICTORY. Entre 1948/49 foi utilizado para levar ao novo estado de Israel a centos de xudeus refuxiados en China durante a Guerra Mundial. Despois seguiu o mesmo camiño do Begoña, pois en 1950 foi comprado pola SITMAR LINE e convertido en buque de carga e pasaxe, co nome de CASTEL VERDE, pasando en 1957 á Transatlántica, que o cambiou de nome co o que coñecemos.

 


Castel Bianco a mediados dos anos 50

Con capacidade para 825 pasaxeiros, serviu a liña de Centro América cos mesmos portos de recalada que o Begoña, tendo similares avarías, sendo a máis importante en agosto de 1970, cando facía a viaxe de Venezuela a Tenerife e se avariou no medio do Atlántico, tendo que ser recollidos os seus máis de 600 pasaxeiros, dous días despois polo Begoña. O transbordo da xente fíxose co mar en malas condicións, polo que houbo que poñer petróleo ao mar para facer a operación, que comezou de madrugada e rematou a unha da tarde. O Montserrat tomou rumbo a Curaçao, onde fixo unha reparación provisional e seguiu a trancas e barrancas a liña. En febreiro de 1973 completou a súa última singradura, desembarcando en Vigo a 46 pasaxeiros procedentes de Inglaterra. Despois foi levado a Castellón, para ser desfeito para chatarra. Remataban así as súas vidas estes dous barcos dos que tantos veciños formaron parte das súas tripulacións durante varios anos, da man do Sr. José Pazó.

Seguir leyendo >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados