Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo

Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  2008, ANO INTERNACIONAL DA PATACA ::
Tubérculo da pataca Por raro que pareza ( e si que o parece ), este ano foi declarado como Ano Internacional da Pataca polas Nacións Unidas, segundo un informe oficial da ONU.

Con esta medida queren promocionar e recoñecer o valor alimenticio deste producto, un dos máis consumidos e importantes para a alimentación do mundo.

Ademais, xa que agora se están dedicando as plantacións de cereais para producir combustible bio-diesel, pode que se queira promover este tubérculo como substituto dalgúns cereais.

UNHA HISTORIA CURIOSA

A pataca era usada e cultivada polos pobos indíxenas americanos, en especial na zona dos Andes. Alí chamábana e chaman aínda “ papa ”. Os españois trouxeron a planta a Europa a finais do século XVI. Ao principio, e por máis de 150 anos, só se cultivaba como planta ornamental, polas súas flores, e como moito dábaselle a comer aos animais. A xente comíana cando non había outra cousa, era comida de pobres e de irlandeses ( que daquela eran moi pobres ). Ademais, pensábase que traía enfermidades e outras cousas raras.


  ANTOINE PARMENTIER, E O GUSTO DOS FRANCESES POLA PATACA ::
Este francés estivera encarcerado nunha desas guerras interminábeis do século XVII, e tivo que comer patacas no cárcere.

Debéronlle gustar, pois despois dedicouse a promocionalas en Francia, facendo que a “ xente fina ” empezara a valoralas.

Para que o pobo lle dera mérito e a cultivara, fixo un truco moi enxeñoso: plantou unha leira de patacas, e poñía gardas armados polo día, para darlle valor á cousa, e quitábaos pola noite para que a xente fora roubar os tubérculos, e así foi espallando este producto.

Pouco tardou en ser importante para os exércitos e os mariñeiros, pola súa grande producción e facilidade de conservación.

Foi fundamentalmente para que Napoleón formara os seus grandes exércitos, que aparte de balas sempre necesitan moita comida.


Parmentier populariza o uso da pataca en Francia no século XVII

Polo século XIX xa era un alimento básico en Europa, e fora levado a todo o mundo. En 1846-48, unha praga que levou a producción toda en Irlanda, provocou unha gran fame no país, morrendo un millón de persoas, e tendo que emigrar a Estados Unidos outros tantos. Esta traxedia valeu para investigar con outras variedades que foran máis resistentes a fungos e bacterias.

Hoxe en día existen moitas variedades, de todos os tipos e sabores. Só na súa zona de orixe, Os Andes, aínda existen uns 5.000 tipos distintos de pataca. O seu nome científico é Solanum Tuberosum. En galego, ademais de pataca, tamén se lle di baloca, batata, batateira, pataqueira, castaña da terra ( pois viu substituír á castaña como alimento básico dos galegos ) ou castaña mariña.

Autor del texto: Luís Chapela Bermúdez
Marzo de 2008

Voltar a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados