Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  XXII FESTIVAL INTERCELTICO DE MOAÑA 2006::
Tres intensas noites de concertos ó aire libre son o principal atractivo do Festival Intercéltico do Morrazo. Polo escenario disposto no paseo marítimo da poboación desfilará unha coidada representación do folklore galego e internacional, neste último caso da man de Brigada Víctor Jara que, tras moitos anos de ausencia nos escenarios galegos, retornan cun novo espectáculo onde tocarán as cancións do seu último traballo.

Grandes nomes do panorama musical galego, coma Berrogüeto, compartirán espazo con grupos que non teñen o renome dos primeiros, pero que ofrecen directos envolventes que aseguran un bo rato de festa para os asistentes. Unha fórmula que busca servir de escaparate para formacións menos coñecidas mantendo ó mesmo tempo a alta calidade do espectáculo.

Este ano a organización do Festival pretende retoma-lo espirito que marcou ás primeiras edicións, cando a oferta do evento abranguía máis ca para incluir un amplo programa de actividades cos que o público podía achegarse ás diferentes manifestacións do folklore galego. Esta experiencia será recuperada na edición do 2006 coa posta en marcha de obradoiros de música, pezas teatro na rúa, a actuación de grupos de baile e pasarrúas que animarán a vida da poboación morracense.

E se todos estes ingredientes non son suficentes para anima-las persoas a acudir a Moaña durante o último fin de semana de xullo, a organizaión porá á disposición dos visitantes unha zona de acampada de balde no estadio da Xunqueira, un espazo cunha ubicación ideal para acudi-los concertos, visita-lo centro da poboación e perfecto para descansar despois dunha noite de troula ó ritmo das gaitas e pandeiretas.

Tendo todo isto en conta, o XXII Festival Intercéltico do Morrazo preséntase coma un acontecemento ineludible para os amantes da música celta ou para aqueles que desexen mergullarse nun universo ata entón pouco coñecido. A cita, en Moaña os días 28, 29 e 30 de xullo.


  O PROGRAMA ::

Brigada Victor Jara
Venres 28 de Xullo
22:30 Fiandola (Moaña)
23:45 Brigada Victor Jara (Portugal)
01:30 Leilía (Galiza)

Sabado 29 de Xullo
22:30 Treixadura + Orfeón (Galiza)
00:15 Camaxe (Bélxica)
01:45 Os Cempés (Ferrol)

Domingo 30 de Xullo
22:30 MackFeck (Moaña)
23:45 Berrogüetto (Galiza)

Podes atopar máis información sobre os grupos que participan nesta edición, na nova páxina web do XXII FESTIVAL INTERCELTICO DE MOAÑA

ACTIVIDADES PARALELAS

XOVES 21:00 Obra de Títeres. Tanxarina.
VENRES 21:30 Contacontos. Codia e Miolo.
SÁBADO 11:30 Pasacalles
SÁBADO 21:00 baile dos grupos de Moaña.
DOMINGO 11:30 Pasacalles
DOMINGO 20:30 Actuacións de baile
DOMINGO 21:30 Contacontos. Codia e Miolo.


  OBRADOIROS E EXPOSICIÓNS ::

OBRADOIROS
Gaita, percusión, baile galego e baile bretón, irlandés e escocés serán os temas dos cursos, que comezarán o mércores 26.

A XXII edición do Festival Intercéltico do Morrazo comeza o vindeira semana cun programa que vai máis alá dos concertos. Unha das actividades previstas é a posta en marcha de obradoiros gratuitos de gaita, percusión, baile galego e baile bretón, irlándes e escocés ós que xa se poden apuntar aqueles que estean interesados en iniciarse ou mellora-la súa práctica nestas artes.

Os obradoiros terán lugar no Centrol Cultural Ramón Cabanillas e correrán a cargo respectivamente de Alberto Costas, Diego Mariño, Sergio Cobos e Jesús Cancelas, nomes de recoñecido prestixio nos seus campos de actividade. Serán preto de dúas horas diarias de traballo durante catro días, que culminarán o sábado cunha xuntanza nas pistas da praza onde os alumnos darán mostras do que aprenderon.

Os horarios dos obradoiros serán os seguintes: o de percusión de seis a oito da tarde excepto o sábado, día no que comezará ás sete e rematará ás oito e media; o de gaita, de oito a dez excepto o venres, que rematará ás nove e media, e o sábado, día no que horario séra de sete e media a oito e media. O obradoiro de baile galego non se impartirá o mércores polo que o xoves contará con dúas clases (de doce a dúas e de cinco a sete da tarde), o venres o horario será de seis a sete e media mentres que o sábado a clase estenderase de cinco a sete. Por último, o obradoiro de baile bretón comezará ás oito e rematará ás dez tódolos días agás o sábado, no que a clase comezará ás sete e rematará ás oito e media.

Para inscribirse nos obradoiros, os interesados deberán acudir ó concello de Moaña ou chamar ós teléfonos 605 094 203 ou 986 324 358

EXPOSICIÓNS
A XXII edición do Festival Intercéltico do Morrazo finalmente contará con tres exposicións fotográficas abertas o público dende o luns día 24. Os temas destas mostras, que poderán ser visitadas en catro locais da vila ( Café Bar Fox, Pool Arroás, Bar con Uve y Cafeteria El Paseo ) serán a historia de Moaña dende principios do século XX, a historia do Festival Intercéltico e a música tradicional de Galicia.

Delmorrazo.com - Xullo 2006

Voltar á TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir esta web
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados