|
|
|
Arrinca o Directo Xove. Cangas do Morrazo 2006 |
|
A Concellería de Xuventude do Concello de Cangas presentou neste mes de Marzo o proxecto Directo Xove 06, que centrará a programación musical deste ano na vila
pontevedresa. O Concelleiro de Xuventude e Deportes, José Luis Gestido
Porto, anunciou na rolda de prensa que tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas que a ducia de bandas participantes tocarán polos locais do municipio cada venres, entre o 24 de Marzo e o 9 de Xuño.
|
|
O ambicioso programa cultural culminará no mes de San
Xoan co Festival Directo Xove, cunha doble xornada de concertos na praia de
Rodeira. As actuacións dos venres son de balde e arrincarán o vindeiro 24 de marzo
co concerto do grupo Estado Puro no pub Dedos, para continuar a semana
seguinte no Moulin Rouge con Dos Pelos Negros. En abril,
Malas Pulgas Actuará no Moulin Rouge o venres 7, mentres que Thunn! o fará no mesmo local o venres 14, Fly Bronze Lines o día 21 en Dedos e a banda Datrebil o
venres 28 de novo no Moulin Rouge. Maio comezará con Jit! en Zeus o día 5,
seguirá o 12 con Fíjado Korroído no local O Botellón e o 19 con Ludovaina
no Triskele, para rematar o venres 26 co concerto de Lavorda no Moulin
Rouge. O grupo Dianota pasará por Dedos o 2 de xuño e Éxodo pechará a
rolda o día 9 no Moulin Rouge.
O areal de Rodeira acollerá o Festival Directo Xove os días 23 e 24 de
xuño. Cada noite tocarán seis bandas locais mais un cabeza de cartel con
entrada gratuíta.
|
|
Editaranse 1.000 CDs recopilatorios do Directo Xove 2006 :: |
|

Sitio web do Directo Xove 2006 |
O proxecto Directo Xove 06 inclúe a edición dun cd cun tema de cada grupo
participante. Tiraranse 1.000 copias do CD, co obxectivo promocionar as
bandas locais dando a coñecer a súa música. A gravación xa está en marcha
co fin de ter o cd rematado o antes posible.
|
|
Doutra banda, o Directo Xove conta nesta terceira edición cunha renovada páxina web na que é posible escoitar
os temas dos grupos incluídos no programa, ademais de ollar fotografías e mirar datos
sobre as doce bandas. Tamén se atopa dispoñible na web toda a información
referida ós concertos de cada venres, o Festival de Rodeira e a historia
do Directo Xove.
Delmorrazo.com - Marzo de 2006
|
Volver a TRIBUNA LIBRE >>
|