Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo

Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  X ANIVERSARIO DO CENTRO CULTURAL XOSÉ MARIA. CASTROVIEJO EN TIRÁN ::
Corría o verán do 1997, a finais de agosto, a parroquia de Tirán, en Moaña vestíase coas súas mellores galas para levar a cabo a inauguración do Centro Cultural. O edificio é a antiga escola da parroquia que foi remodelado e acondicionado para a ocasión.

Despois das xestións feitas polo concello, a AA.VV. da parroquia e a familia Castroviejo, a Casa da Cultura inaugurouse co nome de Xose Maria Castroviejo , honrando así a memoria deste bo veciño que foi dende o primeiro día que chegou a este anaco de Moaña.

O señor de Tirán, como cariñosamente tamén foi coñecido, naceu en Santiago de Compostela o 9 de Marzo de 1909, é dicir, dentro de dous anos cumprirase o seu centenario; e na miña opinión creo que podería ser unha boa data para dedicarlle o Día das Letras Galegas.

Xose Maria Castroviejo foi un estudiante recoñecido nos ambientes universitarios da época, licenciouse en Dereito, dedicouse máis tarde á docencia universitaria na mesma cidade. No seu mundo literario cultivou desde o periodismo, a poesía, a narración, a novela e o ensaio. Viaxeiro incansable do mundo, pero especialmente do galego; o cal coñeceu como moi poucos, e así o plasmou con moita grandeza na totalidade da súa obra literaria, tanto en castelán coma en galego.

Algunhas das súas obras foron traducidas aos principais idiomas do mundo. Castroviejo, a través dos seus libros ciscou polo mundo a cultura galega, dando a coñecer os galegos, o noso xeito de vivir, ser e pensar. Foi un dos autores máis lidos no seu tempo, con moita influencia intelectual que lle obrigou a viaxar a América en máis dunha ocasión para dar cursos universitarios e conferencias. Na conferencia e na conversa tiña Xosé María un don especial que facía un pracer falar con el, así convertéronse en moi celebrados as súas charlas, só ou na compaña doutros escritores, incluso nas conversas amigables cos veciños daba gusto escoitalo falar, como aínda recordan hoxe.


  CASTROVIEJO EMBARCOU NUN BARCO DO GRAN SOL ::
Castroviejo sabía que para coñecer de verdade aos mariñeiros tiña que estar con eles a bordo dun barco, así no 1933 embarcou nun barco ao Gran Sol. Nesta viaxe polos mares de Irlanda e do Gran Sol fotografou aos homes, aos temporais, aos barcos e incluso ao medo naquela inmensidade.

Daquela viaxe naceu o seu primeiro libro de poemas “Mar de sol”, un canto ao corazón do home, a lonxanía dos seus, á loita dos mariñeiros contra o mar indomable.

Do seu paso pola Guerra Civil, na que quedou gravemente ferido, naceu o segundo libro de poemas “Altura”, outro dos libros desa época é “Versos sen inimigo”, onde recolle poemas de outros autores como Alberti, Cernuda... O libro “Altura” foi un canto a favor de Federico García Lorca, con moito atrevemento por parte de Castroviejo, pois foi publicado xusto ao rematar a guerra no 1939.

Un ano antes, convalecente das feridas no fronte, casa con dona María Francisca Bolíbar Sequeiros, nativa de Bueu. Ao pouco tempo veñen a vivir para Tirán, onde residen ata hoxe. Digo así e penso que non me engano, pois a pesares de que Castroviejo finou no 1983, está enterrado na parroquia e por suposto aínda segue na memoria dos veciños.
Do matrimonio naceron once fillos: Carme finada, Xosé María, Xabier, Clara, Santiago, Ricardo, Concha, Teresa, María, María Francisca, finada e Miguel. Na actualidade estes fillos viven un tanto espallados polo mundo, pero saben que son parte desta terra, dunha parroquia mariñeira, na que algúns deles gozaron de cativos con aqueles vellos lobos de mar que patroneaban as gamelas que amarraban no peirao do porto; entre a praia da Videira e a do Niño do Corvo. Veciños todos eles que a miúdo se achegan á casa materna de Tirán.

Xosé María Castroviejo foi un home íntegro, e demostrouno en varias ocasións, como cando deixou a dirección do xornal “El pueblo gallego”, por non querer achantar ante a imposición da censura que mandaba naqueles anos 40. O señor de Tirán foi un defensor da natureza e do medio ambiente, valores que soubo transmitir desde os xornais con artigos, conferencias, libros; e con xestións persoais ante as instancias. Aquelo provocoulle mais de un desgusto, pois os sectores económicos industriais dixeron del que non quería os adiantos e a modernidade, cando na realidade el só buscaba un progreso que hoxe se lle chama responsable e harmonioso. Por todo elo non é de estrañar que Xosé María recoñecera máis dunha vez que se sentía orgulloso do título de “Garda maior do Reino de Galicia e das terras dos Ancares e o Caurel”.

Continuar lendo ... >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados