Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo

Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  X ANIVERSARIO DO CENTRO CULTURAL XOSÉ MARIA. CASTROVIEJO EN TIRÁN ::
Dos seus libros escritos en galego compre destacar:

”Tempo de outono e outros poemas” “Memorias dunha terra”, con unha escritura brillante que abarca moitas lembranzas que a literatura transforma nun arte sinxela, amable e tranquila.

Outros libros en castelán foron: ”El Conde de Gondomar”, ”Los gozos del año santo”, ”La ciudad de Santiago”, ”La burla negra”, ”Guía das rías baixas de Galicia”, ”Los paisajes iluminados”, ”Las tribulaciones del cura de noceda”, ”El pálido visitante”.

Subliñar que escribiu co seu gran amigo Álvaro Cunqueiro “Teatro benatorio y coquinario galego ”reeditado como “Viaje por los montes y chimeneas de Galicia”.


Portada do libro memorias dunha terra
Conta como ninguén a Galicia histórica e máxica, da que é gran coñecedor; pois mirou cos seus ollos os misterios ancestrais do barco fantasma no mar embravecido, a Santa Compaña percorrendo os camiños enlamados, ou aqueles seres horripilantes que perseguían polos camiños de Coiro a Juanito Santos, cando viña de visita á casa de Tirán.

Dicir que o libro que escribiu chamado “Guía espiritual dunha terra” é un libro espectacular e cheo de encanto. Persoalmente, máis dunha vez teño acudido a el, é extraordinario, tanto na escritura coma nas fotos tan entrañables que o adornan.


  CASTROVIEJO ERA UN GRAN HOME QUE GUSTABA DA CONVERSA COS VECIÑOS ::
Hai uns días, cando estaba recompilando información para este escrito,comentábame un veciño da parroquia, que Castroviejo era un gran home.Falaba con todo o mundo sen facer distincións.Gustaba da conversa cos veciños, sentado nun valo do camiño, na praia da Videira xunto cos vellos mariñeiros; na taberna do Carolo mentres tomaban unhas cuncas de viño, calquera sitio era axeitado para relacionarse a través da palabra.

Centro Cultural Xose María Castroviejo
Dende aquel día que se inaugurou o centro cultural que conta tamén con biblioteca ou punto de lectura, foi capaz de acoller un sen fin de actos que se levaron a cabo na nosa parroquia nestes anos.

Presentacións de libros, conferencias ,charlas literarias, actuacións de grupos de coros e corais.

Ao mesmo tempo, é o lugar onde a AA.VV de Tirán desenvolve a súa actividade na planta baixa.

Tamén se levan a cabo diversos cursos promovidos polo concello: ximnasia, baile, relaxación, entre outros. A biblioteca está aberta ao público tódolos días, onde se pode estudiar, facer consultas na rede ...

Como se pode comprobar o Centro Cultural Xosé María Castroviejo ten moita actividade ao longo de todo o ano. É un referente para a parroquia e unha honra para o Señor de Tirán, que alá onde estea sentirase orgulloso do centro e dos veciños, que aínda hoxe seguen a recordalo.

Autor del texto: Luís Chapela Bermúdez
Setembro de 2007

Voltar a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados