Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  CELSO ANISETE, MARIÑEIRO E PATRÓN DA ARDORA::

Vou contarlles as vivencias dun veciño de Moaña, que coma moitos rapaces do seu tempo, descubriron o mar moi novos, e sendo uns rapaces  empezaron a traballar de mariñeiros, pois  naqueles anos a xente mais humilde so tiñan dúas alternativas, ser mariñeiro ou traballar no campo.

Era evidente que o mar atraia mais, era un medio no que un podía  imaxinar mil aventuras inda que o final fora so unha e moi dura .

Naqueles anos  da república, no lugar de Carballadasna en Moaña, achegouse o mundo Celso Martinez Bernardez, coñecido tamén como Celso o anisete ou como  ou maneto, por unha pequena minusvalia que ten nunha man, pero nunca lle impediu  exercer o seu oficio.


Celso anisete atando as redes no peirao.

Estamos pois diante dun dos vellos  mariñeiros daquela escola , de cando Moaña tiña un peso especifico na pesca da ardora  na ría de Vigo .


Cando Celso cumpre 14 anos , empezou a traballar con o seu pai  con unha rede para coller bogóns . O pouco tempo xa de mariñeiro traballa en barcos de Pepe o quisque  , no barco chamado Unión , con Víctor de carniza ,  e despois  embarcou  con Euguenio de punciano no barco Vamos haber , onde estivo no temón 11 anos .

Unha vez en este barco sufriron unha investida de outro barco que os mandou o fondo  preto de Santa María de Oia ,  con sorte , pois  se salvaron todos , o outro barco chamábase Espada de Baiona . Outra vez traballando con o se irmán e sr. Pepe , o dono da lancha na costa da vela , veu un mar e deulle volta a chalana , morrendo sr Pepe e nos nadamos para terra , pois estabamos  cerca , uns días despois atoparon a Pepe morto, hai sobre trinta anos que foi , pero e como si fora hoxe mesmo , de tan presente que o teño .

Cando tiña vintecinco anos casa con Angela e cinco anos despois empeza a traballar de mariñeiro pero para él mesmo . Merca unha lancha de remos chamada "Papiño " no Con , cústalle sobre 1000 pts , traballando a arte do bou arredor de vinte anos.

Recorda que era unha lancha moi boa , participaba nas regatas das festas do Carme e case sempre gañaba , para mercar a lancha prestaralle os cartos a súa tía Eusebia de Berducedo . Un tempiño despois  decide mercar un barquiño pequeno  en Aldán a unha irmán de Álvarez . O nome do barco e Jose Manuel, en el traballa as mesmas artes do bou pero os tres anos manda facer un barco novo no taller de Jose o Tombo, en Meira. Mantivo o mesmo nome no barco , so o casco custoulle 180.000 pts , aparte despois os áranchos   para traballar , aparellos , motor .... chegando o final sobre 2 millons de pesetas.


  CELSO, COMA MOITOS VELLOS MARIÑEIROS, NON PODE ESTAR LONXE DO MAR ::

E nesta etapa cando xa comeza a pesca da ardora  combinando co bou. As cousas comezan a ir ben e Celso decide mercar un barco vello chamado Alca, con a idea de con o seu tonelaxe facer outro barco novo  mais grande. Este novo barco  foi construído por Victorio o de Meira , e este xa superou os 25 millóns  de custe.

Neste novo barco chamado Novo Jose Manuel ,  xa entran en xogo os fillos sendo tripulantes do mesmo , e con o pai enseándolle os secretos do mar , que tamén os ten. Aquel rapaz que comezara a probar os salseiros do mar con catorce anos , atopase con 65 anos sendo dono , patrón , e mariñeiro dos dous barcos . Así cando se xubilou deixoulle os barcos os fillos para que seguiran o oficio que un día comezara él .

Pero Celso como moitos vellos mariñeiros , non pode estar lonxe do mar e de todo aquelo que foi unha parte fundamental da súa vida, así todas as tardes se acerca o peirao a mirar como o barco sae para o mar, e as veces axuda os fillos a coser algunha rede ou a montar unha nova. Hai algo que te empuxa a acercarte o mar, a cheiralo, a sentilo, dice Celso.


Celso no peirao cos mariñeiros volteando as redes

O caso e que Celso o anisete ten unha memoria moi boa e sigue a contarnos todo aquel mundo do mar que se perdeu , e que parece que nunca existiu. El gardou na súa memoria as cousas que os vellos lle contaban cando era un rapaz , e delas prendeu moito.

Recorda que sendo un rapaz , a praia de Moaña estaba chea de barcos varados na area , calcula que naquel tempo había entre 80/ 90 barcos , “ ave sen puerto , cancela graña, rosiña , miguel angel , doce érmanos , veracruz , dro , 18 julio , siclon , Luciano , rebolo , chuco pérez , Peregrina ... son algúns nomes dos barcos de entonces.

Daquela os mariñeiros antes de saír para o mar , pasaban polas tabernas , e pola estrada de abaixo viñan as carretas cheas de redes desde a xunqueira , como unha procesión , e tamén en carros de bois . Os mariñeiros aproveitaban e facían carreiras con as carretas para chegar primeiro os peiraos.

Conta que nos anos 40/50 cando se facían contas era o final da luada , no escuro, gañar 1000pts xa era un bo mes pois as contas se facían de mes a mes. Na luada , os barcos se varaban todos na area , e se aproveitaba para darlle patente e pintar en algúns casos.

Daquela os barcos levaban segundo o tamaño entre 15 e 40 homes moitos destes eran de Hermelo e Cela que estaban enrolados nos barcos de Moaña , algúns ían a casa de semana en semana , outros todos os días que era un gran sacrificio , polos camiños de noite subir e baixar, que vida aquela.

A pesca da ardora a levaban a cabo nas Cies , Ons , A Guarda , Costa da Vela , Silleiro , e en algúns casos teñen chegado ata Corrubedo e Fisterra , con un día de ruta ata a tardiña que chegaban para traballar. Dise Celso que naqueles días en Moaña había 25 redeiras moi boas , que cosían os aparellos dos barcos , normalmente no peirao , cando eu tiña quince anos dise , unha atadeira cobraba traballando todo o día seis reais . Naqueles días saian para o mar mais de 1000 homes , e quedaban en terra sen embarcar entre 8 e 12 homes.

Fala de Daniel de randa ,de Berducedo , el o admiraba por que era moi traballador , de Edelmiro conta que foi un gran patrón , moi bo que andaba nos barcos da casa de Pazos . Recorda tamén o cego de Vidal , e como traballaba , Celso pensa que tiña que mirar algo , por que cumpría como os demais .

Lembra cando se facía a procesión do Carme , que baixaban a santa de San Martiño , e quedaba uns días na casa de Leston ata que se fixera a procesión , despois subíana o lombo para a igrexa de arriba .

Despois chegaría o comezo da emigración , os homes marcharon , e non houbo relevo xeracional na pescada ardora , iso pasou en Moaña e noutros pobos da beira do mar , e así foi como se foron vendendo os barcos por non ter xente para traballar , e os que seguiron a pesca o fixeron en outros caladoiros mais lonxe e en barcos grandes de arrastre , en Surafrica , Gran Sol , Canada etc. .

De toda aquela industria mariñeira en Moaña , como era a pesca da ardora , hoxe 50 anos despois que da un so barco que pesca a esta arte todo o ano , chamado Jose Manuel , o noso barco , despois hai tres barcos en Meira chamados ; o Isolde , Perla do Pacifico , e o San Pablo , pero estes so andan ardora seis meses o ano . O resto da flota concentrada no peirao de Meira , andan a outros oficios , nazas , trasmallos , boliches , pezas da faneca , bou , aliña e outras .

Celso afirma con rotundidade que antes había moito mais peixe que na actualidade . Algunhas noites temos collido tanto peixe que non podiamos subir o aparello tara abordo . Tamén teño pasado moito medo no mar , algunha noite pensei que non contabamos o recado . Recordo dúas noites boas de pesca , unha con dos mil kilos de Robaliza , e outra con mil cinco centos kilos de Sargos , era evidente que con eses peixes se gañaba mais que traendo o barco cargado de sardiña ou xurelo .

Os barcos xa non son coma aqueles , melloraron moito , o patrón tiña que estar na proa toda a noite , con vento e chuvia , hoxe esta na ponte e desde alí xa mira e dirixe todo . A proba e que antes un barco como o de Celso lebaba 30 homes , hoxe sae con sete ou oito , por que os barcos levan haladores que axudan moito o subir o aparello , e outros aparellos que van marcando o peixe , e antes tiñas que guiarte polas marcas , os faros , cabezos , e as luces das casa de terra , todo era diferente , dise .

Despois de tantos anos no mar Celso o anisete , recoñece que lle custou moito adaptarse a nova vida , e afirma convencido de que si o deixaran , volvería o barco , non e estraño pois son mais de 60 anos encima das ondas do mar , toda unha vida .

Gracias por contarnos as túas experiencias , e que sexas feliz en terra , tanto como o fuches no mar , por que hai que querer o mar para falar del coa paixón con que ti o fas .

Autor do texto: Luis Chapela Bermúdez
Marzo de 2012

Voltar a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados