Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo

Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  VICTORIO, SESENTA ANOS DE CARPINTEIRO DE RIBEIRA ::

La embarcación desde las cuadernas
Cando Victorio deixa o aluguer do taller de Moaña e volve para Meira, os fillos xa estaban buscando outro traballo, outro xeito de vida, marchan a traballar un en Poliships e outro na Moa, traballos algo similares ao que desenvolvían no taller familiar.

Desde entón, Victorio seguiu no taller facendo pequenas embarcacións ata os sesenta e sete anos (que se xubilou), naquel taller do Samertolameu que albergou a cinco xeracións de carpinteiros de ribeira dunha mesma familia.

Hai unha anécdota fermosa que el recorda con cariño: sendo un mozo tiña a ilusión de saber trazar ou replantear un barco, entón na época que traballou con Marcelino, no Con, todos os días a partir das seis da tarde ata as nove da noite, ía a Vigo a estudiar na Escola de Artes, construcción naval.
Aquelo supoñía un esforzo moi grande despois de traballar todo o día, pero as ganas que tiña de aprender podían máis que o cansanzo. Replantea o seu primeiro barco no taller de Meira, cando tiña vintecatro anos, despois daquela primeira vez, todo foi máis fácil.

O ano pasado Victorio, foi chamado polo concello para dirixir un obradoiro de recuperación de embarcacións tradicionais, onde participaron mozos e mozas de diferentes puntos do estado, a el gustoulle moito esa experiencia, e nótaselle cando fala dela.

Victorio, como carpinteiro de ribeira que vive a súa profesión, ten unha pena moi grande, sabe que con el o taller desaparece, pois mentres el anda por alí, a cousa parece que está viva, pero recoñece que moitas noites durme pouco e enchese de tristeza pensar en todas estas cousas.

Podo dar fe que aquela tarde de maio cando chegamos coa conversa a este punto as bágoas enchéronlle os ollos, foi moita emoción xunta, ata eu mesmo me conmovín coas palabras reflexivas deste gran carpinteiro de ribeira que ama o seu oficio.

Autor del texto: Luís Chapela Bermúdez
Fecha de publicación: Xaneiro de 2008

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados