Punto primeiro
Sair de caceria cara un contendor de lixo, unha veiguiña fluvial ou unha praia esplendorosa para cazar unha (ou varias) botas vellas, furadiñas e aburacadas.
Punto segundo
Partir en bici ou camiñando cara unha carballeira rural ou mesmo urbana.
Punto terceiro
Dar unha apreta a unha carballa vella e cantarlle unha canción anterga.
Punto carto
Recoller en cesta de salgueiro unhas poucas landras (que nos chamamos belotas)
Punto quinto
Facer alto nunha horta recollendo un saquiño de terra.
Punto sexto
Inzar a bota de terra sementando dentro dela unha (ou duas) belotas.
Punto sétimo
Humedecela con fecuenza o longo do futuro outono-inverno
Punto oitavo
Bendecila co sol da primavera.
Punto noveno
Agardar o nacemento do carballo anano no seu berce calzado.
Punto décimo
Levalo a unha escola para que os nenos vexan nacer e medrar unha árbore (autentica revolución ludico-pedagóxica)
Punto décimo primeiro
Ceibala no inverno seguinte nun bosque ardido.
Punto décimo segundo
Agardar cuarenta (ou cincuenta) anos.
Punto décimo terceiro
Festexar a revolución con máis apretas e cantigas modernas nunha fraga (por fin sen Fraga). Por cuestión de belotas, non de pelotas.
Asinado, Un carballo calzado.
Entérate de cómo naceu o carballo con botas en contossolidarios.org
|