O obxectivo deste foro social consiste na creación dunha Plataforma cidadá contra as agresións urbanísticas irreversibles prantexadas polo goberno municipal sobre a nosa vila; en concreto a Vía Rápida e o seu impacto visual, ecolóxico e social; o proxecto de urbanización de Massó por constituir un grave atentado ecolóxico e contra o noso patrimonio social, histórico e identitário, e o proxecto de urbanización de Aldán polo seu impacto social, ecolóxico e visual.
As principais eivas deste modelo de urbanización, promovido polo goberno do Partido Popular e da Xunta se poden enumerar da seguinte maneira, e dunha maneira moi resumida:
Trata-se dun modelo urbanístico baseado na especulación inmobiliaria, na maior rendabilidade a corto prazo e na satisfacción e prioridade de intereses privados sobre colectivos.
Non ten en conta mellora-la calidade de vida dos nosos veciños, en canto a que non respecta no máis mínimo a creación de espacios públicos e de disfrute colectivo, zonas verdes ou servizos mínimos que lle dean cabida á gran demanda que se vai a xerar despois da súa posta en marcha.
Non conta co respaldo de informes serios de impacto ambiental; así por exemplo, no caso de Massó non están avaliadas as consecuencias que sobre as mareas e as praias vai a ter o recheo e dique para a creación do muelle deportivo; nen o impacto sobre a flora e fauna da zona; que consiste unha auténtica reserva; ou no caso das urbanizacións de Aldán; non ten en conta o impacto sobre os cauces naturais de auga ou se avalían as consecuencias derivadas dos verquidos das augas fecais xeneradas por un volumen tan alto de vivendas.
Constitúen un grave atentado cultural e social; no caso de Massó porque toda a zona sobre a que se proxecta a aberración debería ser declarada Patrimonio Histórico e natural; no caso de Aldán porque significa a alteración total do perfil e características da parroquia.
Ante este modelo urbanístico que constitúe a desfeita total do noso pobo e a venta do mesmo “a cachos” propoñemos a todos os cidadáns e cidadás unirse ao FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO. Os obxectivos primordiais deste foro son os seguintes:
Comezar unha campaña informativa en base a charlas, material gráfico e carteis para que todos os veciños e veciñas do pobo teñan coñecemento do que o goberno está a argallar ás súas espaldas, destes proxectos e da súa xestión oscurantista por parte do concello. COMISIÓN INFORMATIVA
Foro de debate e discusión pública no que se debata sobre o punto ¿Qué tipo de pobo queremos? E prantexemos unha alternativa á aberración que sexa respetuosa co medio e a nosa historia, respaldada por informes técnicos, que integre tanto a voz de especialistas (urbanistas; arquitectos; biólogos, sociólogos, etc, etc...) coma a opinión de todos os veciños e veciñas que queiran aportar ideas (posiblidade de facer un trebón de ideas público, enquisas, grupos de discusión, entrevistas, etc...) COMISIÓN TÉCNICA
Unha vez delimitada a alternativa facer unha campaña en defensa da mesma e dun referéndum público no que sexan os cidadáns os que decidan sobre futuro colectivo da nosa vila.
Esta campaña estaría complementada con accións cidadáns directas como recollidas de sinaturas; manisfestacións; marchas; actos simbólicos como festivais de música; xantares e roteiros polas zonas víctimas da barbarie, etc, etc... COMISIÓN DE ACCIÓN
Para o Foro Social pola Defensa do Pobo faremos un chamamento a toda a cidadanía, así como a adhesión de personaxes con relevancia a nivel Nacional. Trata-se de darlle a maior resonancia posible á nosa problemática.
Estamos nunha das derradeiras encrucillada sobre futuro de Cangas; é a nosa responsabilidade impedir, por todos os nosos medios que sepulten con cemento a nosa identidade, a nosa historia, o noso patrimonio social, cultural e ecolóxico.