Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  BABU , O VELLO MARIÑEIRO DA ILLA DE SAN BARTOLOMEU ::

Moi  poucos veciños de Meira , son os que non coñecen a Babu , desde os mais novos  ata os maiores ,  un home que todos os días vai a illa do Samertolameu a sentir ese cheiro especial do mar, a mirar os barcos , a falar cos mariñeiros , a tocar as redes que dormen un sono no peirao.

Un sábado pola maña , sentados en unhas  cadeiras  fronte a rampla do peirao , conversamos sobre as súas experiencias e vivencias de mariñeiro , naquel tempo no que ser mariñeiro era un orgullo para calquera mozo .


Babu, o vello mariñeiro preparando as redes

A beiramar e coma un limite entre dous mundos . a terra e o mar , como eixo central na vida e no transito nos pobos costeiros galegos . Barcos que chegan , descargas do peixe , subhastas , redeiras , o reparto do quiñón entre os mariñeiros , o tránsito de xentes  . Nos peiraos desenvolvíase  unha actividade intensa . O mundo da pesca , como motor , inxerindo dinamismo e  vitalidade as ribeiras das vilas . En non poucas  veces   o mar alteraba a monotonía do cotián  . Capturas accidentais ou lances extraordinarios , a chegada a praia  dun cetáceo , unha marusía excepcional mudaban o día a día . Eran arritmias no cotián , alteraban o tempo . Ao xeito de fragmentos de vida  estes acontecementos íanse incorporando a memoria colectiva do pobo . Construíase un mundo no que o mar e a ribeira tiñan un lugar central .


Nos areais , nas rochas , ou nos peiraos a rapazada incorporábase a comunidade . A súa presencia era permanente na ribeira . Entre as rochas aprendíase das cousas do mar , a coñecer os ritmos das mareas . Nos peiraos  se aprendía os nomes dos peixes , sardiñas , maragotas , ollomol , berete ...  . Sábese do palangre , dos trasmallos , do cerco ...  Vaise a seca  e axudase nas descargas do peixe . Botase unha man onde se pode  con tal de axudar .  A convivencia nesta situación , servíalles os rapaces como un proceso de formación e iniciación  nun mundo que lles será  propio co paso do tempo . Por todo elo , non nos debe estrañar que os rapaces dos anos 40 e 50 do século pasado  , con dez ou doce anos xa estaban abordo dos barcos a ardora , isto acontecía en Meira ou en calquera outro punto do pais , pois había moitas necesidades e tamén fame , e ante esa situación , o mar era a alternativa que estaba mais a man .


  UNHA INFANCIA DE MISERIA E FAME ... ::

Enrique Curras Corbacho, coñecido como Babu

Enrique  Curras Corbacho, naceu no barrio do Caeiro  en Meira un 8 de Xulio do 1933 .

A súa infancia , como el dice  foi de miseria e fame, como moitos rapaces. Conta que cando tiña cinco anos, andaba a comer o que podía.

Os seis anos foi a escola de Bronlle, o lado da igrexa, o mestre era Don Anastasio. Cando cumpriu os oito anos deixou a escola, e cando aínda non cumprira os dez anos xa andaba o mar no latón  co Sr. Manuel de Rita .

Descalzo e practicamente sen vestir .

O pouco tempo se cambiou para outro bote, no mesmo barrio. Os catorce anos embarca a pesca da ardora no barco de Jesús Nogueira, o barco tiña de nome " ESTA SI QUE VALE " .


            Sendo xa un mozo de dezaseis anos  andaba o mar con un tío seu , O Guicho , o barco era “ QUE  E “ , despois con Jaime o xordo , no barco “ Josefiña “ . Dise Babu , que nos catro anos que traballou en estes dous barcos , foi onde mais e mellor a prendeu os oficios do mar , e ser un bo mariñeiro en todos os aspectos.

Despois comeza a andar o mar co seu pai, o xeito, o boliche, os trasmallos, as ameixas ... En todo ese tempo a pesca era a remos e ían a pescar ata Baiona, as Cies, Bouzas ... e cando había vento poñían a vela, entón o bote andaba mais.

Cando o seu pai marcha para América no ano 1952, Enrique toma a decisión de poñerse a traballar por el en unha chalana do seu pai que lle chamaban “ERUNDINA “, que era o nome da súa nai. Andado o tempo, Babu faría tres chalanas mais para traballar. A primeira custoulle 700 pts e fíxoa Casas , carpinteiro de ribeira de Meira.

E así chegamos o ano 1967, entonces deixa a pesca coas chalanas e decide mercar un barco con motor marca Guillerme de catorce cabalos. O barco se chamaba “ ELENITA “. Neste barco traballa e gaña a vida durante trece anos. Despois merca un barco mais grande chamado “ CAMARON “, este barco era dun primo seu e custoulle 350.000 pts, os mesmos cartos en que vendera o seu barco. Este ultimo barco deixoullo o seu fillo, cando Babu andaba polos 64 anos por causa dunha serie de problemas de saúde. El sabia que o fillo xa estaba preparado para levar o barco el so.

A partir de entonces o vello mariñeiro non volveu mais o mar , agás un par de veces a botar unha liña as fanecas. Xa pasaron algúns anos, pero Babu como xa dixen e un deses vellos mariñeiros que necesitan sentir a salitre do mar todos os días. Baixa polas maña cedo ata a illa e vai mirando os barcos, o mar, como querendo comprobar que todo esta no seu sitio, que non falta nada.

Acostuma a dar concellos os mariñeiros que lle preguntan ou buscan a súa opinión. E algunha vez aínda cose algunha rede rota para algún familiar ou amigo, para el ten que ser unha sensación especial o sentir a rede nas mans.

A tardiña, xunto con os amigos, xúntanse no bar Otero para falar e contar experiencias vividas e por suposto, tamén falan dos problemas de hoxe en día. Recorda que o traballo naqueles anos mozos era de verdadeiros escravos, e incluso dice que moitos armadores eran verdadeiros abusóns. Unha noite que estaban a pescar nas Cies no barco de Jaime o xordo, no Santa Eulalia, pescaron 12 queixóns de luras da ría. Outra vez cargaron de cabala grande, e foron a botar a unha fabrica en Chapela, a Conservas Peña.

Recoñece que a pesca aínda hoxe e traballosa, pero non se pode comparar aqueles anos. Babu garda na súa memoria todas as marcas, pedras, luces, mareas e todo o que hai que saber do mar. Un home que coñece a ría palmo a palmo como poucos mariñeiros. Para min foi moi agradable conversar con Sr. Enrique e escoitar estas vivencias que el foi contando, e moitas outras cousas que se calou ou simplemente pediume que non as anotara. Babu e todo un personaxe entre a xente do mar, e diría que tamén entre a xente de terra.

E como falamos do mar, vamos a rematar ben : Bernardino Graña, amigo, escritor , poeta , membro da Real Academia Galega , veciño de Cangas , do Morrazo e do mundo , tivo a ben de escribir un fermoso libro de poemas chamado Profecía do Mar.
Neste libro hai un fermoso poema dedicado os mariñeiros de Cangas , pero entendo que pode ser extensible a todos mariñeiros galegos. Aqueles vellos mariñeiros que traballaron para sobrevivir, en unha época moi dura na que ir virando os días era unha odisea .

Co permiso do amigo Bernardino Graña tomo prestado este poema para dedicarllo a este vello lobo de mar e sabio mariñeiro de Meira, Babu, porque neste poema tamén esta él e todos os mariñeiros do Morrazo.

“ ODA OS MARIÑEIROS DE CANGAS “

Polo escuro do mar que vos controba / aínda hai peixes de luz nos seus abrigos
mariñeiros de Cangas , meus amigos , / meus irmáns de salitre e sol e chuva .
Solte a ría un exercito de naves , / mariñeiros de Cangas , traede as liñas ,
que , anunciando o fumazo das sardiñas / polos cons e cabezos cantan aves .
Polas ondas sen muros e sen diques , / polo lombo do Atlántico azulado
brinca e bufa o arroaz todo apurado / perseguindo os bonitos e os alcriques .
Mais ala de Sobrido ti me guíes , / mariñeiro de Cangas ti me lavas
para ver os escumallos e os percebes / e mirar dende a popa as Illas Cies .
Mais ala do Cabalo e Cabo Home / da Negra e deses baixos de Biduido ,
mariñeiro de Cangas , vas perdido / e o mar e un gran misterio que te come .
Como horribles fantasmas aparecen / dende o fondo , xurdindo , nos sorrisos,
estrañas ardentías e navíos / e tristes afogados que amolecen .
Pero rompe , que podes , contra o medo , / dálle avante con forza , anque che doa ,
contra noites e néboas pon a proa , / mariñeiro de Cangas , e ven cedo .
Ven loguiño a vender o peixe a Vigo / e trae unha canción do son dos mares
para beber xuntos nos bares , / mariñeiro de Cangas , meu amigo .

Libro Profecía do Mar. Autor Bernardino Graña

Agardo que lle guste esta poesía tan fermosa que chega os sentimentos da xente do mar. Gracias Sr. Babu, e que siga vindo ata a illa moitos anos mais .

Autor do texto: Luis Chapela Bermúdez
Julio de 2011

Voltar a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados