Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo

Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  MEDIO SECULO DO NAUFRAXIO DO AVE DO MAR ::

Imaxe: A Voz de Galicia
O naufraxio do Ave do Mar fica na memoria dos moañeses coma unha das maiores traxedias marítimas acontecidas na nosa ría.

A embarcación de baixura, adicada a pesca da sardiña, naufragou nas illas Cíes con 26 tripulantes a bordo fai agora 50 anos.

No quedou unha soa testimuña que poidera clarexar as circunstancias nas que aconteceu este naufraxio, que causou unha fonda conmoción nas xentes de Moaña.

As festas en honor ó seu patron, San Martiño, foron suspendidas en sinal de loito.


  AVE DO MAR. 50 ANOS NA MEMORIA ::
O mar, nai de vida. Do teu fondo ceo universal, seica un divino facedor foi extraendo todo, coma un sublime prestidixitador, con mans sempre dispostas a facer milagres, fixo incluso ao mesmo home. Ti mar, que antigamente para algúns pobos, eras símbolo do mal, pois meterse dentro de ti supoñía a morte nas afiadas uñas de tenebrosos monstros mariños. Hoxe nembargantes, cántanche con admiración os poetas. Os nenos xogan contigo e a lúa refléxase e regálache a súa estela que ninguén se atreve a quitarche. Xa ninguén dubida que o mar e sinónimo de fartura, riqueza, tamén pobreza, lágrimas de desolación, de todo elo saben as xentes dos pobos que viven e teñen o mar como fonte de recursos.

Este ano no concello de Moaña, conmemórase o medio século do afundimento nas illas Cíes do barco sardiñeiro Ave del Mar, no que morreron vinteseis veciños, que aínda hoxe son lembrados polas familias e polo pobo. A corporación de Moaña, xunto cos familiares, (viúvas, fillos, netos), decidiron homenaxear aos seus mariñeiros nesta data tan sinalada. Era o 11 de novembro de 1956, día de San Martiño, patrón de Moaña. Entre os diferentes actos que se levaran a cabo, se lle poñerá o nome Ave do Mar a unha rúa, así como un monolito de pedra no paseo da beiramar, co nome de todos os náufragos e cunha foto do barco, nunha placa de bronce, así quedará reflexado e recordado aquel episodio que foi un dos máis tráxicos que viviu este pobo, xunto co naufraxio do Centoleira uns anos despois.

IN MEMORIAM AVE DO MAR.
MOAÑA 1956-2006

MANUEL PASTORIZA PALMÁS
MANUEL SANTOMÉ SOUTO
JOSE BANCO CANCELAS
JOSÉ MARTÍNEZ MARTÍNEZ
JOSÉ CARRERA PARADA
RAIMUNDO GRAÑA PALMÁS
MANUEL PÉREZ PARADA
JESÚS COSTA COSTA
MANUEL EIROA SANTOMÉ
JESÚS COUSO PAREDES
JOSÉ BLANCO SOUTO
ATILIO ENTENZA PADÍN
ANTONIO ALFONSO GARCÍA PIÑEIRO
BALBINO DOMÍNGUEZ ENTENZA
RICARDO DE SÁ SEQUEIROS
BALBINO IGLESIAS CARRERA
FRANCISCO NOGUEIRA IBLESIAS
AGUSTÍN PAREDES SOUTO
ANTONIO FERVENZA GESTIDO
JOSÉ PÉREZ RODRÍGUEZ
BALBINO VÁZQUEZ GESTIDO
JOSÉ DEL RIO MARTÍNEZ
ANTONIO BARCIA CORRALES
JAIME DE SÁ MEIRA
MANUEL PÉREZ RODRÍGUEZ
MANUEL CORDEIRO

O Patrón de 36 anos, fillo dunha
coñecida familia de Moaña, nunca
apareceu.(Imaxe A Voz de Galicia)

GALIZA MAIS QUE NINGUN OUTRO LUGAR SINTE O MAR E O TEN SEMPRE PRESENTE

Lembrar que hai catro anos, coincidindo cos actos que se levaron a cabo en Vigo, onde se conmemorou os 300 anos da Batalla de Rande, e onde foi invitado Jonh Poter, aquel submarinista americano que participara en 1956 no rescate dos afogados do Ave del Mar. Foi recibido no concello de Moaña pola corporación e polos familiares das víctimas, se lle deu un agasallo e quixo achegarse o cemiterio para visitar as tumbas dos mariñeiros, pois a traxedia deste barco, coma el dixo, marcouno para toda a vida. Aquel foi un día de reencontro, inesquecible para familiares e amigos, tamén para Jonh Poter e a súa dona.

Demasiadas viúvas do mar choran os seus mortos o pé da praia, non hai consolo para os fillos, tampouco cemiterio para os desaparecidos, nin sequera tempo para esquecer o último naufraxio, pois este sempre é por pouco tempo. Esta cadea xa era antes e despois do Ave del Mar, pois Galiza, máis que ningún outro lugar, sinte o mar e o ten sempre presente. Así nos atopamos, que dende o ano 2000 ó 2006, tres de cada cinco mariñeiros mortos son galegos. Neste tempo arredor de cen mariñeiros galegos perderon a vida no mar, tanto en altura como en baixura, e mesmo na costa. Por iso, nada como o mar, nos recorda o frouxos que somos ante a súa inmensidade, onde o home sempre se mirará como algo cativo.

Cando pasan cousas como a do Ave del Mar, un pensa nas familias, víctimas que quedan en terra. Naquela ocasión sumidos na máis grande das tristezas e miserias. A solidariedade cos mariñeiros, as axudas para viúvas e orfos, sempre foron equivocadas, tarde e mal, os cativos perdían o pai e eran separados da nai, do seu fogar, sendo dobremente dura a situación, as axudas e doazóns para as familias dos náufragos chegaban tarde e nunca eran as cantidades doadas polas institucións ou colectivos de emigrantes como aconteceu neste caso.

Sempre había, e hoxe igual, persoas que se aproveitaban da dor dos demais. Os mariñeiros foron e seguen sendo uns valentes, homes loitadores que viven do mar. Aqueles mariñeiros do século pasado, de Moaña e doutros pobos da ría, loitaron polos seus intereses con folgas en Vigo que foron moi soadas. Cumpre recordar que os mariñeiros de Moaña, que daquela miseria que gañaban naqueles anos, aínda foron capaces de levantar a Casa dos Mariñeiros, peseta a peseta, inmoble que hoxe acolle o Club de Xubilados. Por outro banda, ao mar non se lle pode facer reclamacións, como din algúns, cobra o seu tributo de cando en vez, provocando unha traxedia nas familias. Pero segue sendo unha fonte de riqueza para os mariñeiros, por iso temos a obrigación de querelo e coidalo. As reclamacións hai que facerllas aos nosos gobernantes, con políticas serias para pelexar contra esta riada de mortos no mar. Así como, axudas e xestións rápidas para as familias, sen ter que agardar anos para poder cobrar as prestacións correspondentes.

Por todo o exposto, non debemos esquecer aos nosos vellos mariñeiros, como os do Ave del Mar ou os do Centoleira, entre outros, que atoparon no mar o seu fin, e que hoxe para nós, e mañá para os que nos precedan, debe ser un orgullo homenaxealos.

Autor del texto: Luís Chapela Bermúdez
Novembro de 2006

Voltar a TRIBUNA LIBRE >>

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados