Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  ARTE E PEDRA, UNHA VIAXE VIRTUAL POLOS MONUMENTOS DO MORRAZO ::
O DVD " Arte e pedra no Morrazo xa é unha realidade. Esta obra audiovisual, en formato web, foi presentada polos seus creadores fai apenas un mes na sede de Fecimo ( A Federación de comerciantes e industriais do Morrazo ).

Trátase dunha auténtica viaxe virtual polos monumentos e recursos naturais da Comarca. Editanse 2.000 exemplares que serán repartidos de xeito gratuito coa finalidade de dar a coñecer a nosa riqueza histórica, tanto a nivel educativo-a través dos centros de ensinanza-como, a nivel turístico – en aqueles eventos nos que esté presente o Morrazo.

Esta obra foi realizada integramente por Salvador Castro, Fernando Cuñarro e Xosé Ramón Bernárdez, profesores do IES Rodeira e Manuel Aldao e Iria Méndez, investigadores da historia do Morrazo. FECIMO e Caixanova,entidade , actúan como promotores para que esta fermosa iniciativa poida ser disfrutada por todos.

Este traballo é unha invitación, unha porta que se abre para acoller a calquera Ulises que chega con desexo de fogar ou con desexo de aventura, é un limiar, un punto de chegada e ao tempo un punto de partida, quere colmar curiosidades e espertar sedes.

Cando no ano 2003 o equipo redactor daba a luz A pedra labrada. Monumentos do Morrazo, algúns lectores demandaron unha maior información sobre os monumentos alí recollidos e solicitaban tamén unha forma máis flexible e rápida de achegarse á información. Cremos que o soporte informático permite atender a segunda das demandas, ao tempo que os artigos amplían en moito o recollido naquela obra.


UNHA VIAXE VIRTUAL ...
Arte e pedra no Morrazo é unha VIAXE VIRTUAL que parte da Porta de Carlos I en Marín –entrada simbólica nesta odisea a través da nosa Península- e remata na Ponte de Rande.
... DENDE MARIN A RANDE
Ao longo das súas quince paradas (Porta de Carlos I, Labirinto de Mogor, Illa do Santo, Sta. María de Cela, Museo Massó, Sta. María de Beluso, Pazo do Condes de Canalejas, Cruceiro d’O Hío, Sta. María de Darbo, Capela do Hospital, San Salvador de Coiro, San Martiño de Moaña, Mámoa de Chan de Arquiña, San Pedro de Domaio e Ponte de Rande) pretendemos ofrecer unha achega aos monumentos máis salientables da nosa bisbarra.
Cada unha destas postas é unha meta e ao tempo un punto de partida, pois na meirande parte delas ofrécense referencias a lugares de interese que asociamos á mesma.
PROPOSTA DUNHA POSIBLE RUTA POLO MORRAZO

Esta nosa viaxe virtual quere invitar aos usuarios a coñecer directamente os monumentos que nela se relatan. É posible que algúns de vós desexarades facer realmente este percorrido, por iso atrevémonos a suxerirvos unha das posibles rutas para tal fin. Na súa elección tivemos en conta como criterio principal a beleza paisaxística máis que a brevidade ou a comodidade, evitando, no posible, ter que retroceder polo mesmo camiño.

Esperamos que teñades unha boa viaxe e que recordedes que esta é unha Ítaca con eterno retorno, unha Ítaca fogar pero tamén camiño, tamén transito, tamén aventura, un lugar que convén sempre visitar cun ollar novo.

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados