Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia

  A BALEA DO CON, UNHA ESCULTURA CON HISTORIA ::
A balea do paseo do Con xurde da idea do arquitecto moañés Juan Fernandez Rivas e o proxecto estase a executar das mans do escultor Toño Salgueiro.

A balea, un proxecto que xa vai sendo representativo da paisaxe urbán no paseo do Con en Moaña, ten a particularidade de estar recuberta toda ela con pezas de cerámica en diversos tonos de azuis, conformando un descomunal mosaico.


A Balea do Con a piques de ser inaugurada

  A ORIXE DA BALEA DO CON ::
Texto: Luis Chapela Bermúdez

Era un sábado pola tarde do mes de marzo do 2.003. Collemos o barco de pasaxeiros no peirao de Moaña as 5 horas, pois as 5:30 h. comezaba en Vigo unha manifestación de NUNCA MAIS polo afundimento do Prestige. O barco ía ateigado de xente e xusto cando ía máis ou menos polo medio da ría, foi cando mirei a balea dando saltos e facendo filigranas, co barrio de o Con ao fondo. Había uns días que escoitara falar do animal pero foi esa tarde cando a mirei por primeira vez. Naqueles momentos non tiña cámara de fotos, polo que só quedou gravada nos ollos da miña memoria. A manifestación daquela tarde foi un éxito. A balea xa levaba uns días entre nós, primeiro na ría de Pontevedra e despois na de Vigo. Era moi estraño todo aquelo, recen afundido o Prestige, a contaminación por todas partes e unha balea dentro da ría, cousa esta que nunca mirara nos anos que teño.

Os expertos dixeron daquela balea, que era unha yubarta (megaptera novaeangliae), identificase porque a parte superior é de cor negro ou gris escuro. O dorso baixo é corto, con xiba, corpo rechoncho, dorsais largas, brancas e negras, vultos na cabeza e mandíbula inferior, levanta a cola antes de sumerxirse e lanza un sopro de cando en vez. Chega a medir dezanove metros e cun peso máximo de sesenta e cinco toneladas.

A súa base alimenticia é de krill, aínda que come toda clase de peixes pequenos que traga o filtrar a auga. Nas nosas rías estivo comendo muxes, pois así se entende, que andara tan cerca dos tubos que verten o mar as industrias frigoríficas, xusto onde se acumulan os muxes. O seu comportamento é amigable como se puido comprobar no tempo que estivo con nós. Da saltos e cos laterais golpea a auga varias veces.
É coñecida como unha das baleas máis enérxicas e acrobáticas. Emerxe para curiosear e tombarse de lado, asústase moi pouco cos barcos, nada a modiño e a súa inmersión dura corenta e cinco minutos.

Normalmente pasa o inverno en augas frías e no verán en zonas de cría de auga quente, polo que fai migracións de miles de quilómetros. Na ría de Vigo incluso se chegou a mirar en só dous metros de profundidade. Estas son algunhas características da balea que aquel sábado nos saudou no medio da ría de Vigo dándonos unha exhibición de saltos e golpes acrobáticos contra o mar de xeito gratuíto.

A COLA DA BALEA MOTIVO DE COMENTARIOS

Naqueles días, estaban construíndo no barrio de o Con, en Moaña, o paseo marítimo actual, e seguramente coincidindo coa visita da balea, se ideou deixar no medio do paseo a base con forma para construír a escultura dunha balea que hoxe está a piques de rematar e ser inaugurada. Dende o principio da construcción se miraba que todo estaba ben agás o rabo, que collía forma vertical, cando na balea é horizontal. Aquelo levantou críticas naqueles días, e hoxe tamén. Algunhas persoas que me preguntaron o respecto, contesteille que esta balea que naceu despois do Prestige, por causa da contaminación o rabo naceulle atrofiado, en vez de o ancho medroulle o alto, e non hai máis motivo ca ese, aínda así o día da inauguración dará que falar de novo.

A xeito de resumen podíamos deixar voar a imaxinación deste xeito: naqueles días, de negrura, duro traballo e tristeza, de manifestacións nas rúas de cabreos e impotencia, unha balea veu a visitarnos. Afundira un barco chamado Prestige emporcallando a auga do mar, coa axuda duns señores que dicían saber o que facían. Sen que os humanos superamos nada levouse a cabo unha gran xuntanza nas profundidades do mar para debater unha vez máis a incompetencia dos seres humanos emperrados en destruír todo aquelo que tocan. Lobos mariños, baleas, orcas, tartarugas, os grandes tiburóns, meros e demais especies do mundo mariño, todos arredor do Deus Neptuno volveron a falar de Galiza, das súas costas e das catástrofes que cada pouco tempo nos sacoden. Esta vez máis grave pois chegou acompañada do xa anunciado cambio climático, algo que non lle facíamos caso e agora xa o estamos padecendo.

Naquela reunión das criaturas do mar, tomaron o acordo para que a balea yubarta se achegara por estas latitudes a investigar como estaba a situación polas costas galegas, escoitar o sentir das súas xentes e como afrontarán o futuro. A balea tiña que deixarse mirar e chamar a atención dos ribeiráns, era como dicirlle que as criaturas do mar estaban pendentes do que estaba pasando. Cos seus alegres brincos e saltos na auga, quixo dicir que a vida segue, que temos a obrigación de non provocar máis catástrofes coma esta, que oxalá deixemos de ser os únicos animais culpables da destrucción deste planeta.

A balea tamén nos dixo que hai palabras que cumpre empregar máis a miúdo como son protexer e respectar. A finais do mes de marzo do 2.003 a yubarta marchou da ría, foi a dar contas da misión que lle encomendaran.

A balea do paseo de o Con é unha homenaxe a amiga yubarta, que o mellor o día da inauguración, achégase ata o Con e nos alegra cos seus espectaculares saltos.

Delmorrazo.com - Enero de 2007
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados