Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CAMBIO DE LUGAR DO FESTIVAL DA NOITE DO TRASNO10-08-2006
A NOITE DO TRASNO PASA A CELEBRARSE NA BANDA DO RIO, LE PROHIBIERON CELEBRAR EL FESTIVAL EN UDRA POR LOS INCENDIOS
>> Ampliar datos EU


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

Nota de prensa remitida por Mozas e Mozos de Bueu10-08-2006
Os amplio la información:

Presidencia suspende a celebración
de A Noite do Trasno en Cabo Udra

Mozas e Mozos traslada o
Festival ó aparcadoiro anexo ó campo de fúbol de Bueu, preto de onde se
instalará a zona de acampada gratuíta

A Consellería de
Presidencia acaba de prohibirlle á Asociación Mozas e Mozos de Beluso, a
través dun comunicado remitido ó Concello de Bueu, a celebración do
Festival A Noite do Trasno no espazo natural de Cabo Udra, alegando como
motivo o risco de incendio. O Trasno terá lugar finalmente no aparcadoiro
anexo ó campo de fútbol de Bueu e a zona de acampada de balde instalarase
preto da área de concertos.

O departamento autonómico
informou da súa decisión a menos de 48 horas para o comezo do evento, pese
ó amplo dispositivo co que contaba a organización e pese a que as causas
dos lumes provocados destes días non gardan relación coas actividades de
lecer. Tras meses de traballo, Mozas e Mozos levaba toda a semana
preparando Cabo Udra para acoller A Noite do Trasno con toda a seguridade,
contando con puntos de auga distribuídos polo recinto e medios coma
motobombas ou o persoal do Concello, así como seguridade privada./>
Ó coñecer a comunicación de Presidencia, os membros da
Asociación puxéronse inmediatamente en contacto coa delegada provincial da
Consellería, de quen só recibiron negativas. A única opción que lles
quedaba ós organizadores era traspasar toda a montaxe cara o centro da
vila, tarefa na que agora invisten todos os seus esforzos. Mozas e Mozos
fai un chamamento ós seguidores do Trasno para que colaboren no traslado,
ante a proximidade dos concertos.

Presidencia decretou
ademáis a prohibición da zona de acampada, que Mozas e Mozos habilitara de
balde fóra do espazo protexido de Cabo Udra. A nova ubicación da área de
acampada vai ser preto do propio recinto dos directos.

/> Actividades e concertos

Aínda coas dificultades que a
quinta edición de A Noite do Trasno está a atopar no seu camiño, a
Asociación Mozas e Mozos de Beluso segue adiante coas actividades
programadas para dinamizar a vida cultural da comarca. Toda a axenda do
venres e o sábado se traslada, iso sí, ó centro de Bueu.

Os
nenos serán mañá os primeiros protagonistas da xornada, con xogos na praia
a partir das 19.00 horas. O monitor especializado Fran Estévez preparou
unha serie de actividades, moitas delas acuáticas, para os trasnos máis
pequenos.

Xa ás 21.00 horas, será o turno do baile
tradicional coa actuación das dúas mellores parellas de Galicia. “Os
Trasnos do Morrazo” –María e Xián- resultaron finalistas no concurso do
programa Luar da TVG e en Bueu van estar acompañados polo dúo gañador, “Os
Triquilleiros de Santiago”

A partir das 22.30 horas
comezarán os concertos no escenario instalado ó lado do campo de fútbol con
dous grupos mozos pero non por iso carentes de calidade. A banda J!t, de
Cangas, busca achegarse ó rock máis clásico, cunha coidada composición e
sarcásticas letras cantadas en castelán. Será logo o turno dos vigueses
Travelers, unha formación de folc rock creada alá polo ano 2000 e que xa
conta cunha primeira maqueta, ‘Folkterrier’.

Subirán despois
ás táboas os compoñentes de La Kinky Beat, que repiten no Trasno co seu
rock steady chegado dende Barcelona. Ata Bueu traerán cancións xa coñecidas
e mais presentarán os temas do seu novo traballo, ‘One more time’./>
O ska de Kogito tomará o relevo ben entrada a madrugada. Esta
banda de Vigo continuará a festa cun directo cheo de ska, punk rock, reggae
e mestizaxe, ó que se unen letras desenfadadas nun ton de protesta./>
Unha Sesión Sound System clausurará a xornada.

O
programa do V Aniversario do Festival A Noite do Trasno continuará o sábado
no aparcadoiro anexo ó campo de fútbol de Bueu. Dende as oito da tarde
celebraranse obradoiros e actividades, antes de que comecen os concertos ás
22.30 horas. Quempallou, Soak, Salida Nula e Banda Potemkin van ser os
encargados de garantir a troula na noite que pecha a quinta edición do
Trasno.
Webmaster
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados