Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MOZAS E MOZOS INSISTE NO COIDADO DO ESPAZO NATURAL09-08-2006
Haz click para ampliar Mozas e Mozos limpa Udra e insiste
no coidado do espazo natural

A Semana Cultural do Trasno continúa con dúas sesións teatrais na praia de Area de Bon

Os voluntarios da Asociación Mozas e Mozos de Beluso (Bueu) levan dende o pasado luns limpando o espazo natural de Cabo Udra, que esta fin de semana acollerá os concertos do Festival A Noite do Trasno. O colectivo retirou o lixo acumulado na zona e hoxe continuaba os traballos de desbroce, co obxectivo de que, un verán máis, o paso do Trasno deixe Udra máis limpa que durante o resto do ano.

Ó longo de toda a semana, os labores de acondicionamento comezan no Cabo ás nove da mañá e a xornada non remata ata a noite. Os membros de Mozas e Mozos adecentan o entorno, montan os chiringos de madeira e preparan o recinto para que o venres estea todo listo cando empece a chegar o público do Festival. As tarefas non rematarán cos concertos do sábado, senón que despois se procederá a unha limpeza a fondo do espazo natural, coa colaboración da empresa Cosegal.


Respectar o entorno

A Asociación Mozas e Mozos de Beluso insiste na necesidade de coidar o entorno e nos 3.000 libros que vén de editar sobre a quinta edición de A Noite do Trasno recolle unha serie de normas básicas para evitar o máis mínimo dano eolóxico en Cabo Udra. A organización lémbralles ós asistentes ó Festival que a única área autorizada para montar a tenda é a zona de acampada gratuíta habilitada no Camiño de Sobalo, fóra da área protexida. A zona de acampada abrirase o venres ás 17.00 horas, pero ha de quedar baleira e limpa na mañá do domingo 13.

Mozas e Mozos pide ademais a quen se achegue ata Cabo Udra que non tire lixo nin no monte nin na praia, para o que se habilitarán máis contedores dos habituais. A organización facilitará bolsas de balde a quen as precise.

Ante a situación crítica que está a vivir a comarca do Morrazo cunha vaga de incendios intencionados, a Asociación fai especial fincapé neste punto e reclama que non se prendan fogueiras, polo perigo que entrañan co calor e o vento destes días. Tamén hai que ter coidado coas colillas dos pitillos, que deben apagarse totalmente antes de rematar nun recipiente axeitado.

Mozas e Mozos considera que, facendo caso das recomendacións sobre o respecto do entorno, Cabo Udra poderá seguir sendo compatible con actividades de lecer como A Noite do Trasno. O colectivo lembrará ós asistentes a necesidade do coidado natural con paneis informativos durante as xornadas de concertos, igual que vén facendo dende hai varias semanas coa distribución de 6.000 cartaces e 5.000 folletos.


Espectáculos cómicos

As actividades da Semana Cultural do Trasno seguen mañá xoves con dous espectáculos de balde a cargo de Teatro de Cadaquén, na praia de Area de Bon (Beluso).

A primeira sesión, destinada ó público infantil, dará comezo ás 19.00 horas no chiringo de Pichurri, e estará protagonizada polos contacontos e paiasos Teo e Tea.

Xa ás 21.00 horas, no chiringo de Ángel, entrará en escena “O circo dos gluóns”, unha sucesión de monólogos curtos pouco habituais. A frescura e novidade deste espectáculo radica en quen fala: os obxectos da vida cotiá. Os “gluóns” son precisamente as partículas que compoñen eses obxectos e lles dan a oportunidade de expresarse.

Teatro de Cadaquén creouse en Cangas no ano 2001 e esta formado por José Calvar, Manuel Chapela, Sergio Casás e Rosi Figueroa. As representacións da compañía son sempre en clave cómica e a súa filosofía lévaos a intervir en todas as fases de elaboración, dende a historia e o guión ata o atrezzo e a montaxe.

As actividades culturais trasladaranse o venres e o sábado a Cabo Udra, onde se celebrarán os concertos do V Aniversario do Festival A Noite do Trasno.
Mozas e Mozos


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados