Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
BANDEIRAS NEGRAS PARA CANGAS04-08-2006
Haz click para ampliar A nosa felicitación aos rexedores do Concello de Cangas por acadar este ano dúas bandeiras negras e un punto negro nas concedidas por urbanismo no estudio anual de ECOLOGISTAS EN ACCIÓN e outra bandeira negra mais por verquidos.

En urbanismo Cangas comparte unha bandeira co Porto de Vigo pola súa mala xestión e a ampliación inxustificada do porto en Cangas, outra co concello de Moaña por urbanización destructiva no litoral, e o punto negro é o impacto negativo do proxecto de porto deportivo de Salgueirón nos bancos marisqueiros.

A bandeira de verquidos a compartimos con todolos concellos da ría e o Porto de Vigo pola contaminación da Ría, ampliamente publicitada pola sentencia da Comisión Europea.

Sabemos da ledicia dos nosos rexedores cos galardóns, pero lles recomendaríamos que atenderan as propostas de ECOLOGISTAS EN ACCIÓN de adoptar unha moratoria urbanística e de portos deportivos no litoral, evitar a sobreocupación deste, cumprir as leis e asegurar a depuración antes da urbanización, por só citar algunhas das sabias recomendacións do grupo ecoloxista ante a destructiva marea gris que ninguén pode deixar de percibir.

Podedes topar o informe completo en www.ecologistasenaccion.org/article.php3?id_article=5515

Por outra banda as obras do porto deportivo quixeron recomenzar coa coñecida política de absoluta falla de respecto medioambiental, se realizou a correspondente denuncia por delicto ecolóxico ( non cumprir as condicións medioambientais especificadas na concesión: verter áridos sen completar os feches perimetrais, non contar coas adecuadas barreiras antiturbidez, non cumplir que os áridos sexan de canteiras cercanas debidamente identificadas, non dar aviso aos proprietarios da autorización de ameixa, ostra e navalla para a retirada do recurso vivo..etc.) e se paralizaron novamente as obras.

A denuncia foi presentada onte por veciños pertencentes ao Foro Social, axentes do Seprona estuveron esta mañán verificando os feitos e a denuncia trasladarase a Consellería de Medio Ambiente. A Confraría, pola súa banda presentará denuncia esta mesma mañán.
As obras seguen paralizadas pola presencia pacífica de veciños e veciñas.

Un saúdo a tod@s
FORO SOCIAL DE CANGAS
>> Ampliar datos Foro social de Cangas


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados