Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://t1631.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
O GRUPO ÉXODO NO PUB MOULIN ROUGE08-06-2006
Haz click para ampliar O grupo Éxodo pechará mañá pola noite os concertos dos venres organizados pola Concellería de Xuventude do Concello de Cangas no marco do programa Directo Xove 06, logo de tres meses de actuacións semanais en distintos establecementos da vila. A banda novel actúa ás 23.30 horas no pub Moulin Rouge, con entrada de balde.

A banda xestouse a finais de xaneiro do 2005, cando tres amigos se xuntaron para “facer un pouco de ruído” e compartir as tardes dos sábados ensaiando en Vilariño. Diego tocaba a guitarra; Miguel, ‘Maja’, o baixo; e Pablo, ‘Lanja’, a batería.

Despois de varios intentos de ampliar o número de compoñentes, Jose sumouse a Éxodo a finais de maio dese ano. A chegada deste novo membro aportoulle á agrupación un espírito crítico, con letras que denuncian a hipocrisía da sociedade actual.

A finais de decembro incorporouse ó grupo un novo guitarra, Gus, quen lle deu o pulo definitivo á banda e é o principal causante de que hoxe estea pisando os escenarios, xa que aportou a experiencia que lle faltaba ó conxunto.

Os gustos musicais dos compoñentes de Éxodo pasan polo metal, o punk rock, o ska ou o reggae, pero están abertos a outros tipos de música que lles axuden na súa tarefa de denuncia constante, como demostrarán no Directo Xove.

Concertos en Rodeira

Rematan as actuacións dos venres, pero o proxecto da Concellería de Xuventude continúa os vindeiros días 23 e 24 coa celebración do Festival Directo Xove en Rodeira, tamén de balde.

Na noite de San Xoán, Fritanga serán os cabezas de cartel e actuarán logo de Ludovaina, Jit!, Éxodo, Lavorda, Dos Pelos Negros e Estado Puro. O día 24, tocarán Fly Bronze Lines, Dátrebil, Thunn!, Malas Pulgas e Fíjado Korroído, para rematar co punk de Soak.

Na páxina www.directoxove.com está dispoñible toda a información sobre o programa posto en marcha pola Concellería de Xuventude. Na web é posible escoitar os temas das bandas participantes e coñecer con detalle o Festival Directo Xove, ademáis de participar nun foro sobre o proxecto municipal.
>> Ampliar datos Directo xove


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados