Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
10+ALGO PRESENTA EN BELUSO ‘GRIEGOS Y ROMANOS’20-04-2006
O grupo vigués actúa mañá no Ciclo de Cantautores organizado por Mozas e Mozos

O grupo de Vigo 10+algo presentará mañá en Beluso (Bueu) o proxecto audiovisual ‘Griegos y Romanos. Poemas para ver y escuchar de Arcipreste de Hita’. A cita é a partir das nove da noite na Casa do Pobo, dentro do Ciclo de Cantautores organizado pola Asociación Mozas e Mozos.

O espectáculo creado por esta decena de mozos vigueses combina proxeccións de imaxes con música en directo e textos, que versarán sobre os poemas do autor clásico Arcipreste de Hita.

O colectivo participara xa no Ciclo de Cantautores organizado por Mozas e Mozos cando aínda eran 6+algo co proxecto ‘Beethoven ante el televisor’, que sorprendera polo novidoso formato da iniciativa.

O Ciclo de Cantautores organizado por Mozas e Mozos de Beluso concluirá o vindeiro venres coa actuación da banda canguesa De mal en peor, un proxecto que conta coa participación de Suso Soak.

A entrada ten un custe de dous euros para adultos e un euro para os nenos. A recadación destínase integramente a financiar as actividades promovidas pola Asociación Mozas e Mozos de Beluso.



>> Ampliar datos .:.


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados