Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
FLY BRONZE LINES NO PUB DEDOS DE CANGAS20-04-2006
Haz click para ampliar O grupo Fly Bronze Lines protagoniza mañá unha nova xornada musical do proxecto Directo Xove 2006. O concerto - con entrada gratuíta - terá lugar no pub Dedos ás once e media da noite.

Fly Bronze Lines (FBL) creouse no municipio cangués entre o 2001 e o 2002, inda que a formación se foi modificando dende entón. A banda editou o pasado ano o seu primeiro traballo, que leva por título o nome do grupo. Son seis temas propios que reflicten as inquedanzas e vivencias persoais dos catro membros de FBL.

Logo de actuar sobre os escenarios de distintos locais e festivais de toda a comunidade, Fly Bronze Lines repite no Directo Xove, a onde levará algúns dos novos temas que está preparando para volver entrar no estudio de gravación e sacar á luz o seu segundo traballo, mentres continúan os contactos para que algunha casa discográfica produza as súas cancións.

A música de Fly Bronze Lines configura un estilo propio que a banda define como “achegado ó rock alternativo”. Sinala o grupo que as súas melodías están “cargadas de matices e simbolismo” que se conxugan cun “toque persoal”.

Logo da actuación de Fly Bronze Lines no Dedos, a banda Dátrebil daralle continuidade ó Directo Xove 06 cun concerto no Mouline Rouge o venres 28 de abril.

>> Ampliar datos .:.


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados