Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
GRABACION DVD+CD VENRES 21 DE ABRIL AS 21.00H SALA NASA COMPOSTELA20-04-2006
Haz click para ampliar Para algúns son tres das bandas máis representativas do punk-rock galego, para outros son tres conxuntos formados por impresentables que se dedican a lanzar improperios polos altofalantes aderezados con ruido infernal e distorsionado. Para moitos non son nada porque nin sequera se decatarán de que existen… Fartos de tanto discurso estes tres grupos veñen deixar claro que as cousas a medias son cousas mal feitas, polo que dende a máis pura e incontestable autoxestión continuarán a sua xira lonxe de circuitos comerciais… sempre ceibes, sempre violentos e sempre furtivos, pero ante todo sempre coas ideas claras, os amplificadores as costas e as guitarras non demasiado desafinadas. Para que todas e todos poidan corroboralo, desta vez farán escala en Compostela, e deixarán constancia desta andaina mediante a grabación do concerto para formar parte dun próximo DVD ao vivo.

Enxendrados hai tres lustros no barrio vigués de Coia chegarán os SKACHA coa sua apisonadora sónica e o seu bo facer fruto de tantos anos de intachable actitude. Dende o lugar de Filgueiroa (parroquia de Donramiro) son os TIRO NA TESTA, contestatarios rapaces que dende a Galiza máis profunda e caciquil (terras do Deza) arremeten con retranqueiros e molestos textos políticamente incorrectos. A descarga furtiva, como non, virá de máns (e gorxas) dos “abuelitos” SOAK, arrexuntados alá a finais dos anos oitenta nas loitadoras e mariñeiras terras do Morrazo.
>> Ampliar datos korrosivo


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados