Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
VI CERTAME DE COMIC DE CANGAS10-04-2006
Haz click para ampliar

1. Dirixido a xoves artistas de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2006.

Establécense as seguintes categorías:

·CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
·CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
·PREMIO VIÑETA XOVE: menores de 14 anos

2. Os traballos serán orixinais con textos en galego ou castelan, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso. Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210 mm x 297 mm). A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

3. A presentación das obras pode facerse de xeito individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como desexen sempre na categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios

4. Os traballos deberán ser presentados polo sistema de plica (en sobre pechado aparte, no seu exterior figurará o título ou lema e categoría na que participa. No seu interior figurará: título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto).

5. Os traballos deberán ser presentados antes do 26 de xuño do 2006 na Casa da Xuvenude do Concello de Cangas (Rúa Real, 29_36940-Cangas_Pontevedra).

6. Establécense os seguintes premios:


·CATEGORÍA A:

1º PREMIO 400 €
2º PREMIO 300 €
3º PREMIO 180€

·CATEGORÍA B:
1º PREMIO 120 €
2º PREMIO 100 €
3º PREMIO 70 €

PREMIO VIÑETA XOVE: 100 €


7. A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras, que serán obxeto dunha exposición durante o 10 º Salón do Cómic de Cangas.

8. O xurado, presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, estará composto por persoas cualificadas neste campo artístico, recaendo a secretaría no técnico responsable da OMIX. O xurado poderá declarar deserto calquera destes premios.

9. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do Concello de Cangas.

10. A participación implica a aceptación destas bases.


Máis información na Conselleria de Cultura de Cangas



>> Ampliar datos .:.


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados