Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
RADIO PIRATONA CUMPRE 18 ANOS13-03-2006
18 ANOS CREANDO COMUNIDADE

Poida que sexa a primeira vez que oes falar de nós, pero Piratona non é unha radio nova. Radio Piratona naceu o 8 de marzo de 1988, na década na que se crearon a maioría de radios libres do estado. Comenzou sendo unha radio de instituto e durante todos estes anos trocamos de dial, de emisor, de local, de persoas e de personalidade (pasamos de ser unha radio de moz@s que se divertían poñendo a súa música, a darlle un contido social á nosa emisión). En fin, pódese dicir, que pasamos por tódalas etapas polas que soen pasar as radios libres.

OUTRA COMUNICACIÓN É POSIBLE

Qué é iso dunha radio libre? Piratona defínese como unha radio libre. Ainda que cada unha ten a súa propia forma de organizarse hai catro cousas na que coinciden todas: autoxestión, asemblearia, sen ánimo de lucro e local.

As radios libres xurdiron para dar alternativa ós modelos de radios existentes (a mans de poderes económicos e políticos que só emiten o que lles convén) e crear un espacio que rache coa idea de emisor-receptor e que convide á cidadanía a que se exprese libremente, xa sexa de forma individual ou colectiva.

Para buscar a nosa independencia á hora de emitir contidos e non ter que depender de ninguén económicamente, nin ideolóxicamente, as radios libres se autoxestionan, é dicir, buscan medios propios para sacar adiante a radio (vender camisetas, facer festas, concertos, etc...). A radio depende así soamente das persoas que forman parte do proxecto e, precisamente, para evitar que un grupo se fagan co control da radio e impoña ó resto as súas ideas, a radio é asemblearia. As decisións tómanse por consenso. Non hai xefes nin xefas, tod@s somos iguais á hora de decidi-lo rumbo da radio.

Obviamente, co que sacamos da autoxestión a duras penas nos da para pagar o aluguer do local, así que case sobra o de sen ánimo de lucro porque o que se di beneficios económicos moitos non hai. Pero, ainda no ficticio caso, de que vendéramos millóns de camisetas, e tivéramos moitos cartos, todos irían destinados á radio non a lucrarnos nós. De feito, non admitimos publicidade, nin cobramos por poñer música nin admitimos subvencións públicas ou de empresas. Facer isto, consideramos que sería condenar ás radios libres á dependencia económica para a súa existencia e, polo tanto, correr o gran risco de non poder manifestarse en contra d@s que te subvencionan.

O ámbito no que se moven as radios libres é a cidadanía, o barrio, pobo ou cidade. Somos radios locais que buscamos tecer redes de comunicación directa e participativa cos verdadeiros protagonistas da realidade social que nos rodea. Hai un montón de noticias e actividades que quedan ignoradas ou desapercibidas polos medios de comunicación comerciais e que teñen saida nas radios libres.

PIRATONA NA ACTUALIDADE

Estamos a emitir no 106.0 da FM. Agora mesmo somos 10 persoas as que estamos tentando levar adiante este proxecto. Estamos tentando darlle un pulo á radio e que realmente sexa un referente da comunicación comunitaria no sur de Galiza. Pero para iso é imprescindible a participación cidadá na radio. E hai moitas formas de participar da radio e coa radio: facendo programas, mandando noticias, mandando convocatorias, formando parte activa da radio, indo ós concertos que organizamos, mercando os artículos de autoxestión, mandando maquetas, escoitándonos...

Se queres coñecer mais de Piratona ou formar parte desta radio libre podes poñerte contacto coa radio dos seguintes xeitos:

Radio Piratona
Correo electrónico: piratona@sindominio.net
Enderezo postal: Caixa dos correos 8278 C.P 36200 Vigo
>> Ampliar datos Medi


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados