Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ASEMBLEA XERAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE DARBO09-03-2006
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo convoca a todos os comuneiros/as á Asemblea Xeral , que terá lugar o SÁBADO 18 de MARZO DE 2006 NO COLEXIO PUBLICO DE SAN ROQUE ás 15.30 en primeira convocatoria e ás 17.30 EN SEGUNDA CONVOCATORIA.

A Asemblea terá o seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.

2. Altas e baixas no censo de comuneiros.

3. Informe de Xestión do ano 2005.

4. Balance económico do ano 2005 e aprobación de contas.

5. Area recreativa de Varalonga.

6. Instalacións deportivas de Monte Carrasco.

7. Informe sobre temas varios:

· TECOR.

· RETEGAL

· Mancomunidade do Morrazo.

· Convenio coa Consellería de Medio Rural.

· Organización Galega de CMVMC.

8. Presupostos ano 2006.

9. Temas Xurídicos.

10. Permutas.

11. Preguntas e propostas.



Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un dereito e un ben a preservar que nos pertence. Un dos obxectivos primordiais desta Xunta Rectora é unha total transparencia tanto na xestión económica como na das actividades realizadas, polo cal estaremos a vosa disposición o día 16 de marzo de 20.00 a 21.30 no I.E.S María Soliño, para que calquera comuneiro poida consultar toda a información referente a esta asemblea, así como para recoller todas as propostas e ideas que queiran aportar. Buscamos unha implicación e unha participación activa de todos na xestión do monte comunal. Comunicar a todos tamén, que o día 18 será entregado a cada comuneiro, antes do comenzo da asemblea, un estudio detallado do informe de xestión, balance económico e presupostos 2006 incluídos no orde do día.

Un saúdo.

A Xunta Directiva.
Comunidade Montes de Darbo.

>> Ampliar datos Comunidade Montes de Darbo.


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados