Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
M.ARTE - ARTE DOUTRO PLANETA16-12-2016
Haz click para ampliar Estudantes de artes da Universidade de Vigo organizan un mercadillo artístico na pranta superior da Praza de Abastos de Cangas.

Este evento está coordinado polo profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Xosé Manuel Buxán. Os alumnos Iván Graña, Roberto González e Araceli Paz son os organizadores deste pequeno mercado, que poderemos atopar na pranta superior da Praza de Abastos de Cangas do Morrazo o sábado 17 de decembro.

Os artistas que poderemos atopar son estudantes e ex-estudantes da Uvigo: Estela Pérez, Marta Otero, Alex Mosteiro, Sarai Lorenzo, Elena Vilariño, Celeste Pena, Sandra Eiriz, Carlota Rivas e Emilia Pereiro. Mostrarán e venderán as súas obras durante a xornada, todo isto, acompañado de música e bo ambiente.

A xornada rematará cun Sorteo por cortesía de diferentes comercios que patrocinan o evento.

M.ARTE, de 10:00 a 18:00 do sábado 17 de Decembro, na pranta superior da Praza de Abastos de Cangas do Morrazo.
M.ARTE


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados