Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ARRANCA A CAMPAñA DE NADAL DAS EMPRESAS DO MORRAZO: CONTIGO É MÁIS NADAL03-12-2012
Haz click para ampliar 30/11/2012 A campaña de Nadal que organizan as empresas asociadas da Comarca do Morrazo identifícase este ano cunha árbore formada por caras sorrintes de diferentes cores, obra de Miguel Cereijo. Del se pode extraer a idea de unión entre as empresas da Comarca e o seu carácter de proximidade cos cidadáns, que é o que as identifica. O lema escollido non podía ser outro que “CONTIGO É MÁIS NADAL”, porque o Nadal está feito entre todos, comercio local e os clientes que seguen a confiar nel.

Os establecementos participantes están xa preparados para esta campaña, decorando os seus interiores e escaparates con cores brillantes e desexos de Bo Nadal.

FECIMO pon á súa disposición a cartelería, folletos e boletos do sorteo, así como elementos decorativos como guirnaldas en forma de árbore e bolsas de papel con motivo navideño. Todo axuda para amosar aos cidadáns unha imaxe de unión do tecido empresarial, nunhas datas nas que as rúas se enchen de xente.

Ademais, esta árbore ven cargada de sorrisos, polos cuantiosos premios que se reparten na campaña. En total serán repartidos 10.000 euros entre os que fagan as súas compras de Nadal no Morrazo, sempre en cheques-compra para canxear nos establecementos adheridos á promoción.

Por mercar nalgún destes establecementos a partir do 1 de decembro e ata o 9 de xaneiro – ambos incluídos- os clientes recibirán boletos con códigos que terán que rexistrar na páxina web: www.compranomorrazo.com

Alí comprobarán se son gañadores dun premio directo.

Os premios repártense do seguinte xeito:
-3 premios de 100 euros
-3 premios de 250 euros
-29 premios de 50 euros

Estes 35 premios aparecerán ao longo de toda a campaña. Os agraciados deberán identificarse nas oficinas de FECIMO e presentar o boleto premiado.

Todos os participantes, con premio ou non, deberán gardar os seus boletos, porque entre todos os rexistrados haberá un GRAN SORTEO FINAL: 3 premios de 2.500 euros en cheques compra, un por localidade (Bueu, Cangas e Moaña).

Este sorteo será celebrado o 13 de xaneiro, no marco da III Gala do Comercio do Morrazo, que se organiza de forma rotativa entre os tres Concellos sendo realizada este ano en Moaña.

Infórmase que nesta edición participan na campaña entorno a 250 empresas, das vilas de Bueu, Cangas e Moaña. Xá están en circulación entre todas elas uns 130.000 boletos con códigos, que serán repartidos ata o 9 de xaneiro. De entre todos eles sairán os 35 premios directos a través de www.compranomorrazo.com e os 3 premios finais de 2500€ resultantes do sorteo.

O sistema de participación modernízase ano a ano, adaptándose ás novas tecnoloxías cunha páxina especialmente adaptada para dispositivos móbiles e tablets. Os clientes poderán utilizar calquer soporte para comprobar os seus códigos.

Para quen non este familiarizado con este sistema, prestarase coma sempre a axuda necesaria dende as oficinas de FECIMO.

Por outra banda, como actividade de dinamización comercial, estase a organizar unha Gymkana para os máis pequenos do fogar, para que nas súas vacacións interactúen cos establecementos das súas vilas. Será como unha búsqueda do tesouro, na que os cativos terán que resolver os enigmas que se lles plantexen en cada tenda, e así ir avanzando para conseguir entrar nun sorteo de agasallos especial para eles.

Estando máis avanzado o mes de decembro, daranse máis datos acerca desta actividade.
>> Ampliar datos FECIMO


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados