Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
FECIMO BUSCA DE NOVO A IMAXE DO NADAL ENTRE OS DESEñOS DOS MORRACENSES15-10-2012
Haz click para ampliar
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo deu comezo á organización da Campaña de Nadal das empresas asociadas para este ano 2012, sendo unha das datas máis importantes do ano para os establecementos comerciais.

En próximas datas volveranse unir os esforzos de toda a Federación para motivar a promoción dos negocios locais e dinamizar as nosas vilas. Mais para darlle unha visión e conxunto á Campaña, fai falta escoller unha imaxe que a identifique.

Este ano, seguindo coa idea proposta no 2011, e baixo o convencemento de involucrar a todos os morracenses nas actividades da federación, a entidade convoca o segundo concurso público que seleccionará a imaxe publicitaria da Campaña de Nadal 2012. Quere que os propios cidadáns imaxinen a imaxe desta campaña para o comercio de proximidade e para as rúas da súa vila, onde eles son os principais consumidores.

O concurso está aberto a calquera persoa física, que participe de xeito individual ou en equipo. Dado que o concurso ten un carácter local, só poderán participar persoas naturais do Morrazo ou residentes.

Así o/a gañador/a verá o seu deseño en toda a publicidade que FECIMO realice da campaña, incluindo paneis de gran formato na rúa, octavillas, anuncios en prensa, carteis, adornos, etc. A obra orixinal gañadora poderá ser adaptada polos técnicos de FECIMO aos diferentes formatos publicitarios que se considere oportuno.





O prazo de entrega dos traballos remata o Mércores 31 de Outubro ás 20:00h.

O xurado estará formado por profesionais do mundo da arte, deseño, fotografía, etc., que se confirmarán máis adiante.

PREMIOS:

Haberá un premio de 300€ en cheques compra para gastar nos establecementos asociados, para a mellor imaxe.

Así mesmo haberá un premio de 100€ para o mellor eslogan, que pode recaer na mesma obra premiada coa mellor imaxe.

Nun acto público serán comunicados os nomes do gañadores. FECIMO non descarta a posibilidade de organizar unha exposición pública cos traballos presentados ao certame, pero o lugar e datas aínda está por determinar.

Anímase a todo interesado, con coñecementos artísticos ou non, a participar neste certame a partir de hoxe. Prégase ler detidamente as bases publicadas en www.fecimo.es para unha correcta presentación das obras.

O Morrazo, 10 de outubro de 2012
>> Ampliar datos FECIMO


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados