Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
X CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA01-10-2012
Aterase ás seguintes bases:

1.- Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. No texto deberá conter necesariamente a palabra CHALANA.
2º.- Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio dun lote de conservas da ría.
3º.- Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits sen dotación económica. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4º.- Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír otro sobre co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior.
5º.- Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 30 DE NOVEMBRO DE 2012.
6.- O veredicto do xurado farase público o 20 de decembro do ano en curso. En xaneiro de 2013 farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa.
7.- A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación (www.lonxaliteraria.net). Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
8.- O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
9.- O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.
>> Ampliar datos Lonxa Literaria (Moaña)


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados