Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://iphonenow.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
III XORNADA DE TROCO E CESIóN DO MORRAZO21-06-2012
Lugar: Alameda de Moaña, fronte á cervexería Vaticano
Data: 1 de Xullo de 10:30 a 14:00
Durante toda a xornada, o mercadillo está para uso e desfrute de todas e todos aqueles que teñan cousas na casa que xa non empregan e estean interesados en trocar ou cedelos por outras cousas ás que lle poidan sacar partido.

Estas xornadas realízanse co afán de optimizar os recursos dos veciños do Morrazo. Debido á sociedade de consumo na que vivimos, moitas e moitos de nós rematamos con acopio de bens que xa non usamos. Este mercadiño vai enfocado a sacarlle partido a eses bens, sendo reutilizados por outra xente. Deste xeito, axúdase á economía de aquelas e aqueles que realicen o troco ou cesión e ó tempo fomentamos a reutilización, que é un dos pilares do ecoloxismo.

O funcioamente sería, por exemplo, traes uns libros, roupa ou verduras e trocas os libros por outros que aínda non liches, a roupa por uns cds de música e as verduras por uns zapatos.

Ideas de intercambios:

Plantas , hortalizas , sementes , froitas , flores ...
Alimentos da casa como pan , licores , tortas , ovos ...

Ó final da xornada, a roupa que non foi trocada e que os donos non queran recuperar, será doada a organizacións que a empreguen para axudar ós máis necesitados.

Animamos á participación cidadá a esta xornada aberta a todas e todos.
>> Ampliar datos AS FURNAS


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

Re: III xornada de troco e cesión do Morrazo30-06-2012
SUSPENDIDO posto que ata hoxe non se nos dio o permiso para facer o
Mercadiño, ,por parte da concelleira de Cultura de Moaña , ainda que si
mostrou a sra Tenente de Alcaldesa a súa
colaboración co noso
colectivo , as nosas desculpas a tódol@s,simpatizantes e colaboradores ,un
saúdo e grazas.
ASFURNAS
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados