Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
custom writing research papers
Indispensables
Donde ...
Guia
PRESENTACION DE " SEMENTEIRA DE ORBALLO " DE LUIS CHAPELA 15-06-2012
Haz click para ampliar Complácenos compartir con todos vos a primeira obra de Luis Chapela, colaborador da nosa páxina e autor de moitas reportaxes que podedes ollar na hemeroteca da web.

Hoxe é tempo de agradecer , e sobor de todo é tempo de mostrarlle a Luis o noso agarimo e os nosos desexos de que a sua primeira aventura no mundo editorial sexa un rotundo éxito.

Apertas Luis.

----------------------------------------------------------

O autor moañés Luis Chapela, que durante moito tempo publicou cartas ao director, artigos de opinión e algunha que outra colaboración con varias cabeceiras da zona do Morrazo e de Vigo, estréase agora na poesía publicando un primeiro recompilatorio, ‘Sementeira de Orballo’.

Poemas do mar, da terra, da vida e do amor. Así é como define o mesmo autor este ‘debut’. Unha viaxe por todos e cada un dos recunchos da parroquia de Tirán, na que viviu case toda súa vida; a casa materna; os recordos; as xentes; os mariñeiros. En definitiva, unha parte da historia máis recente da súa vila natal, Moaña.

A presentación desta primeira obra, á que o autor quere convidar a tódolos veciños (e non veciños) interesados, terá lugar no Centro Sociocultural ‘José María Castroviejo’ de Tirán, o vindeiro sábado, 16 de xuño, ás 19 horas.

Alí, Luis Chapela, acompañado das persoas que axudaron a levar adiante este proxecto, entre eles os seus fillos, falará acerca desta primeira experiencia, de outros proxectos e da súa traxectoria como escritor.
Del Morrazo


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

Re: PRESENTACION DE 17-06-2012
Noraboa a Luis da Roxa, o da Peroxa. E precisamente por ser da Peroxa, en
Berducedo, extraña que se fale da sua casa natal e da sua infancia en
Tiran. Mais ben haberia que decir a sua vida en Tiran desde que casou. Mais
sexa como sexa, o caso e que ten moito merito o que fai, e todos os que o
coñecemos e nos sentimos amigos seus alegramonos e desexamos que siga por
eses camiños de Berducedo e Tiran. Animo e Noraboa otra vez
Peroxa Forever
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados