Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://cedarfallstimes.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
OBRAS DOS CINCO CONTINENTES COMPETIRáN POR VEZ PRIMEIRA NO FESTIVAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU 15-06-2012
Haz click para ampliar O equipo de selección destaca a dificultade da escolla, a presenza da animación e o aumento de filmes dirixidos por mulleres

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu amosará por primeira vez obras dos cinco continentes na súa sección oficial, que se desenvolverá do 3 ao 8 de setembro na vila pontevedresa. O equipo de selección vén de elixir as 25 fitas que concorrerán ao certame entre as 482 que se presentaron, unha escolla que foi a máis difícil das cinco edicións organizadas ata o momento, dada a gran calidade de moitos dos traballos recibidos este ano.

Doce nacionalidades, ademais de Galicia con dúas curtas, estarán representadas no FICBUEU2012. Destaca a presenza de España, con catro propostas, e de Alemaña, Irán, Polonia e Francia, con tres fitas cada unha. Tamén competirán cineastas de Noruega, Italia, Arxentina, Perú, Estonia, Malaisia ou Australia, estes catro últimos países presentes por primeira vez na sección oficial.

A organización destacou que este será o ano no que participen máis curtas dirixidas por mulleres e no que terán máis protagonismo a comedia e a animación. Asemade, boa parte das obras seleccionadas teñen xa un longo percorrido por concursos internacionais.

As proxeccións do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu realizaranse entre o 3 e o 7 de setembro, mentres que o día 8 terá lugar a gala de peche na que se repartirán 4.000 euros en premios. O certame está organizado polo Concello de Bueu co patrocinio da Fundación Novas e a colaboración de diversas empresas da zona. Toda a información sobre o evento permanece dispoñible na páxina www.ficbueu.com.
>> Ampliar datos FICBUEU2012


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados