Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://adibiotech.com/creative-writing-punctuation-marks-and-capitalization/
Indispensables
Donde ...
Guia
XOVES, 21 XUñO DE 2012 • 21:30 H | MúSICA RIOBó (FOLC/TRADICIONAL, GALIZA). DE BALDE 14-06-2012


Actuación polo Día Internacional da Música. Colabora a Asociación Estatal de Salas de Música en Directo.

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección do panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. "Riobó" é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Así, cada concerto convértese nunha mostra de sensacións, na cal conviven as raíces culturais máis profundas con formulas interpretativas actuais. Acompañando a Begoña, en "Riobó" encontramos catro recoñecidos músicos que atesouran unha sólida traxectoria, e son habituais nos principais proxectos musicais en Galicia. Son Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (frautas e requinta).

Máis info: http://www.begoriobo.com.

Web de Access. http://www.salasdeconciertos.com
>> Ampliar datos aturuxobar


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados