Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MANOLO SOLLA; LUCHO O GAITEIRO DE VILARIñO NO ALALÁ12-10-2010
Haz click para ampliar Hoxe no programa do ALALÁ da TVG incluiron no seu bagaxe ao gaiteiro de Vilariño Manolo Solla, orgullo da aldea de Vilariño. A gravación pódese ver na web do programa.

Un son e unha voz, na figura de Manolo Solla, máis coñecido como o gaiteiro de Vilariño, será protagonista dunha nova noite na compaña de "Alalá", que se achega á vida e obra de todo un mestre gaiteiro, nacido en Vilariño, Hío, concello de Cangas, lugar onde se sentiu atraído pola gaita cando saían a percorrer as parroquias durante o famoso Entroido. Lucho -Luchiño, como lle puxo súa avoa cando o veu nacer- falaranos de momentos clave na súa vida, de como mercou a súa primeira gaita; dos momentos duros no traballo e na familia dun home entrañable, un gran mestre e un magnífico gaiteiro.

Foi aquí desde onde, sendo moi pequeno, trasladouse cos pais a Vigo, onde a vida deste home foi moi intensa e a súa traxectoria musical tamén, pois estivo en moitos grupos, como Os Cuncheiros e Vento das Cíes; en formacións do momento como foi Os Cruceiros, unha das máis importantes da música nos anos sesenta e en que estaban figuras como Henrique Otero ou Portela; formou parte dos "Airiños Galegos de Sampaio"; leva vinte e sete anos na Asociación de Lavadores en Vigo e doce anos co seu grupo actual, "Os Folieiros de Lavadores". O que nunca deixou foi de aprender, pois foi e segue a ser mestre.

Na década dos sesenta e setenta facer anuncios para radio e televisión non era habitual, pero Solla púxolles música a varios anuncios publicitarios e as gravacións dos discos en Madrid foron momentos gloriosos para o mestre gaiteiro. Non faltaron recoñecementos e galardóns e numerosas viaxes por España adiante.

Gracias Lucho por ser como eres e enchernos e orgullo os veciños da túa aldea
>> Ampliar datos O gato


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados