Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
O GRUPO ‘ANTOXO’ IMPARTE CLASES DE BAILE, GAITA E PANDEIRETA 06-10-2010
Haz click para ampliar O Grupo de Danzas ‘Antoxo’ pon en marcha as súas Escolas de Baile, Gaita e Pandeireta e Canto para o curso 2010/2011. Como vén sendo habitual, as sesións estrutúranse por grupos de idade e distribúense entre o pavillón de deportes de Bueu e a Casa da Música. ‘Antoxo’ organiza tamén clases de labores e encaixe de bolillos.

Manuel Cobas, cunha longa traxectoria no eido da danza e a música tradicional, é o mestre de Baile. Dende as súas clases contribúe á recuperación das raíces do folclore popular con pezas recollidas por vilas de todo o país. Tania García, quen tocou en distintas formacións de música tradicional, encárgase de iniciar na pandeireta a cativos e maiores, aprendéndolles ademais cantigas galegas. A Escola de Gaita de ‘Antoxo’, con alumnos de iniciación e avanzados, corre ó cargo de Roberto Sotelo, profesor tamén noutras agrupacións da comarca e membro de populares formacións.

Entre as actividades que o Grupo de Danzas ‘Antoxo’ organiza para dinamizar a actividade social e cultural do municipio, atópanse asemade as clases de labores e encaixe de bolillos, cunha duración de dúas horas semanais. A inscrición nas Escolas de Baile, Gaita e Pandeireta e mais no curso de labores e bolillos pode formalizarse nos teléfonos 986 32 16 17 ou 986 32 16 35.

Historia da agrupación

O Grupo de Danzas 'Antoxo' naceu no verán de 1990 como unha iniciativa xurdida dende a Asociación de Nais e Pais do colexio público A Pedra. Ao obxectivo inicial de fomentar a práctica do baile galego, uniuse logo o desexo de ampliar o labor do colectivo ao campo da música tradicional, motivo polo que 'Antoxo' creou as súas Escolas. A actividade de ‘Antoxo’ non se detén na recuperación e difusión da música e do baile, senón que no intento de enxalzar os costumes do pobo galego ten levado a cabo múltiples cursiños, exposicións e festivais. No proxecto de ‘Antoxo’ destaca tamén a conservación do vestiario tradicional confeccionando os traxes do Grupo a partir de modelos antigos.
>> Ampliar datos Grupo de Danzas 'Antoxo'


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados