Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://cedarfallstimes.com/pay-someone-to-do-my-finance-homework/
Indispensables
Donde ...
Guia
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA COMUNIDADE DE MONTES DE DARBO (19.06.2010)18-06-2010
Este sábado día 19 de xuño de 2010, os comuneiros da parroquia de Darbo están chamados a participar nunha Asemblea que, con carácter Extraordinario se celebrará no CEIP San Roque de Darbo a partires das 18:30h do serán.

Na orde do día desta Asemblea Extraordinaria trataranse unicamente tres puntos:

1. Lectura e aprobación da acta da anterior asemblea, se procede.
2. Altas e baixas no censo de comuneiros.
3. Solicitude de cesión de terreo comunal por parte da Comunidade de Usuarios de Augas de Monte Castelo para a construción dun depósito.

Desde a Xunta Reitora da comunidade de montes, chámase á participación veciñal xa que neste último punto vaise decidir, mediante votación, sobre a instalación dun depósito de augas na falda do Monte Castelo (xestionará as augas dos mananciais de Laguiños, Vaguada da Garita e Chan de Augas da Garita), isto é, en terreo comunal. E, este tipo de decisións en torno ao futuro do noso monte deben ser refrendadas polo maior número de veciños posible.

O proxecto, promovido desde a Comunidade de Usuarios de Augas de Monte Castelo consiste na instalación dun depósito para a recollida de auga que terá uns 20 metros de diámetro e uns 7 metros de altura. A infraestrutura instalarase a carón doutro depósito xa existente, nunha zona rochosa e de gran pendente que non resulta apta para o aproveitamento forestal. Este segundo depósito funcionará como acumulador de auga, e ten capacidade para 1 millón de litros de auga, o que permitirá un mellor aproveitamento e rendemento do caudal de auga que na actualidade, estase a ver desaproveitado. Motivo polo cal, desde esta entidade solicitan a cesión dunha superficie de 900 m2 de monte comunal.

Todos os custos que poda acarrear a construción e posterior xestión deste depósito serán sufragados pola propia asociación de veciños, quen conta con todos os permisos e autorizacións pertinentes da entidade Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A instalación deste depósito permitirá á Comunidade de Montes de Darbo en particular, e a todos os veciños da parroquia, en xeral, dispoñer dunha nova infraestrutura para a loita contra os incendios forestais. O depósito de augas foi axeitadamente avaliado por representantes da Consellería do Medio Rural (Distrito XIX “Caldas-O Salnés”), que corroboraron a capacidade do mesmo para ser utilizado en caso de producirse un incendio, situación que, independentemente da necesidade de dispoñer de auga para o abastecemento veciñal, será sempre prioritaria.
>> Ampliar datos montesdedarbo


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados