Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://global-cupid.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
II ROTEIRO POLA FRAGA07-06-2010
Haz click para ampliar O 12 de xuño a asociación A GHUDALLA vai organizar un día de troula polo monte.
As actividades comezarán as 11 da mañá cun ROTEIRO circular con saida do Beque e finalizando no mesmo. Comerase no monte polo que cada quen debe levar a sua comida.
Sobre as 5 da tarde haberá XOGOS populares.
As 10 da noite CEA, que vai consistir nunha churrascada, viño, patacas... por un módico precio de 11€ que haberá que abonar con anterioridade (se hay alguén que non poida comer isto que se poña en contacto coa asociación e si é posible buscarase unha alternativa)
A media noite CONCERTOS, ZALO CARBALLO para abrir o evento, despois JRAM SESION na que participaran moitos dos nosos coñecidos músicos e para rematar FOXY FREIRE para deleitarnos a todos cunha gran actuación.
Poderase ACAMPAR de valde no recinto do Beque, pero é necesario que avisedes antes xa que as prazas son limitadas, podedes facelo en persoa ou mandando un correo electrónico a aghudalla@gmail.com.
O prazo para apuntarse á cea será ata o martes 8 de xuño, para iso teredes que falar con algún membro da asociación, preferentemente Lara xa que é a tesoureira, ou ben ingresar os 11€ no nº de conta da asociación (caixa nova: 2080 0047 8 3 0000268254) deixando constancia do voso nome e como asunto cea do roteiro no Beque, teredes que traer o xustificante do banco para presentar o propio día e no caso de pagar en man Lara daravos un recibo.
Esperamos a vosa asistencia.
Un saudo
A Ghudalla


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados