Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://global-cupid.com/the-proposal-dating-show/
Indispensables
Donde ...
Guia
HOXE PRESENTOUSE A PRENSA "EN CONSERVA"03-06-2010
Haz click para ampliar hoxe xoves as 12:30h presentouse a prensa o proxecto artistico entorno a fabrica de Masso "EN CONSERVA"

O proxecto ‘En conserva’ nace co fin de crear un espazo común para que os artistas do Morrazo e do entorno da Ría de Vigo poidan exhibir as súas creacións de forma aberta e fóra das salas de exposicións tradicionais. O principal obxectivo céntrase en promover unha exposición colectiva onde teñan cabida as distintas disciplinas artísticas, nun evento que combinará mostras, proxeccións e actuacións en directo. A Asociación Cultural Deskarga Furtiva encabeza a organización da actividade xunto co colectivo de artistas participantes.
Para lograr unha unidade neste traballo e co fin de abordar en anos seguintes outras temáticas, nesta primeira edición propuxose centrar a actividade arredor da antiga fábrica de Massó, industria que durante décadas deu emprego en Cangas a máis dun milleiro e medio de persoas. Ao marxe da polémica aberta polo futuro desenvolvemento urbanístico da zona, Massó representa un dos principais elementos patrimoniais da historia recente do municipio cangués, e existe un enorme potencial documental arredor da conserveira. Intentarase, así, achegar, desde a arte, esta peza fundamental da historia de Cangas ás novas xeracións, e facer lembrar ás máis veteranas o que supuxo a vida na fábrica, a súa importancia social e económica, a súa arquitectura, os seus avances sociais no referente aos servizos de que dispuñan os traballadores e moitos outros aspectos en relación ao que foi este ‘imperio’ da industria conserveira. Ao mesmo tempo, reivindícase a conservación destes bens patrimoniais, cuxo conxunto arquitectónico se encontra actualmente nun estado de total abandono e deterioro, e por veces, ao límite da ruína.



PROGRAMA

Sábado 12 de xuño

19.00-22.00. Apertura da mostra colectiva de arte.
23.00. Proxección nocturna de fotografías, acompañada da actuación en directo do violonchelista José Ramón Rocha.
00.00. Actuación da compañía Teatro Nu.
00.30. Proxección de vídeos documentais sobre Massó.
Domingo 13 de xuño
12.00-22.00. Mostra colectiva de arte.
12.30. Actuación da Coral Santiago Apóstol.
13.00. Degustación de conservas da marca Massó e outros produtos, adicada aos antigos traballadores da conservería, e intervención poética de Ania González.
13.30. Actuación de 'O Neto de Manoel’.
18.30. Pintado dun mural dirixido ao público infantil.
19.00. Exhibición dos debuxantes Luís Davila e Alberto Guitián, que realizarán viñetas a gran tamaño.
20.30. Entrega de premios do Certame de Debuxo.
21.00. Actuación do grupo Balea's Blues Quintet.
>> Ampliar datos D.F


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

Re: Hoxe presentouse a prensa14-06-2010
pero alguien me puede decir cuantos artistas habia?es verdad lo del refran
que daslle unha patada a unha pedra e salen artistas por todas partes esque
pa decir uno que es artista le hace falta tener mucha mano de pincel y
pintura y un buen curriculum no por colgar una pintura en dos eventoos del
tres al cuarto ya eres pintor.cuanto hay que trabajar y no vivir del cuento
belen
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados