Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
500 word written essay
Indispensables
Donde ...
Guia
5 DE XUÑO áS 10:30H.ANDAINA POLOS MONTES DE DARBO30-05-2010
Haz click para ampliar A COMUNIDADE DE MONTES DE DARBO CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Co gaio da celebración o vindeiro día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Parroquia de
Darbo (Cangas-Pontevedra) organiza unha charla divulgativa e unha andaina para difundir os valores naturais dos nosos montes e as diferentes ameazas
que poñen en perigo a biodiversidade que estes acollen.


CHARLA SOBRE A NORMATIVA DE APLICACIÓN NA PREVENCIÓN DE INCENDIOS.FRANXAS DE PROTECCIÓN

Data: VENRES 4 DE XUÑO
Lugar: C.E.I.P. San Roque de Darbo (Cangas)
Hora: 20:30 h
Ponente: CLAUDIO QUINTILLÁN (Axente Forestal do Distrito XIX. Consellería do Medio Rural)
Contido: Os incendios forestais constitúen unha das maiores ameazas para a conservación do noso medio rural, polo que é fundamental coñecer cales son as medidas de prevención que poden tomar os pequenos e grandes propietarios, tanto para asegurar o cumprimento da lexislación vixente,
como para evitar a devastación do medio natural (limpeza, queimas controladas, especies a prantar, creación de franxas de prevención, etc.).
________________________________________

ANDAINA POLOS MONTES DE DARBO

Data: SÁBADO 5 DE XUÑO
Lugar de saída: Balcón do Rei (Cangas)
Hora: 10:30 h
Percorrido: 5 km (aproximadamente 2 h). Realizaranse dúas paradas explicativas, unha no Arboreto da Raposa (proxecto de repoboación con
especies de frondosas autóctonas) e outra no Lavadoiro do Ghorghullón (proxecto de recuperación etnográfica).


Máis información: www.montesdedarbo.org
info@montesdedarbo.org
>> Ampliar datos montesdedarbo


COMENTARIOS A ESTA NOTICIA

    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados